Martes, 19 de mayo de 2015
C.B.CASELAS (55): Pedro 23, Igor 9, Carlos 1, Dani 0 e Rober 1. QUINTETO. Hedber 6, Pablo Cabaleiro 4, Rubén 7, Oscar 2, Jorge 2 e Pablo Taboada.
Parciais: 17-15 / 10-8 / 12-12 / 16-10.
Incidencias: Unha vez máis, o público de Salceda -sobre oito decenas de afecionados- estivo sensacional, animando constantemente. O rival do Caselas na Final aínda non se coñece, pois a liguilla de clasificación do outro grupo remata a semana que ven.

Partido disputado e intenso entre dous equipos que se coñecían ben e que se xogaban nada menos que chegar a Final de Copa.
O Caselas construiu a victoria cunha gran defensa, que acabou por frenar aos lanzadores do Rías Baixas. En ataque, o equipo estivo acertado e soubo mover o balón con criterio, acadando pequenas ventaxas no electrónico: 27-23 ao descanso, e 39-35 no terceiro cuarto. No cuarto final os de Salceda, levados en volandas por un público que creía na victoria, remataron con autoridade perante un digno rival.
Outro resultado do Grupo B: Seis do Nadal Coia 81 Central Eléctr.Sestelo Ponteareas 54.
DATAS PARA A GRAN FINAL:
A Final da Copa Primavera xógase a Ida e Volta.
A Ida será en Salceda no fin de semana do 30-31 maio, e a Volta na cancha rival o 6-7 xuño.

CATEGORÍAS BASE:
Alevín Mixto de Manolo remata a liga con victoria en Salceda co Andersen por 52-44, logo de remontar oito puntos de desventaxa no descanso. Os alevíns rematan en 9ªposición, cun balance total de 11 victorias / 9 derrotas, indo a máis no tramo final.
O Benxamín Masculino de Iago -imitando aos Senior- clasifícase para a Final da Liga Escolar de Porriño ao vencer en semifinais ao Antonio Palacios. A Final será o venres 22 de maio no Pavillón de Porriño.


Publicado por cbcaselas @ 0:08  | CRONICAS