Lunes, 04 de mayo de 2015

No medio dunha gran tarde de ambiente, convivencia e baloncesto, o CB.Caselas EDM."A" proclamouse campión deste torneo logo de vencer con xustiza na final a Porriño "B" nun partido moi bonito. O CB.Caselas EDM."B" quedou 4º.
O numeroso público presente, preto de 300 persoas durante toda a tarde, animou sen parar as súas cores, arroupando a estos pequenos deportistas esforzados en facelo o mellor posible.
Agradecer aos clubes participantes a súa presenza. Tamén a todas as persoas voluntarias do C.B.Caselas o seu traballo, sen o cal isto non sería posible. 

1ªFase: a clasificación foi a seguinte:
Grupo A:  1º.Caselas A   2º.Maside   3º.Nigrán
Grupo B:  1º.Porriño B   2º.Caselas B   3º.Salvaterra

2ªFase: resultados finais:
5º-6º posto: SALVATERRA 20 NIGRÁN 19
3º-4º posto: CASELAS B 18 MASIDE 28
FINAL:  CASELAS A 51 PORRIÑO B 37 


Arriba: CB.Caselas A.
Abaixo: CB.Caselas B.
 


Un momento do Caselas B-Maside.
 
Caselas A e Nigrán unidos despois do seu partido.
 
Hanna, Ainhoa e Alba (foto de arriba), e Laura e Mireya (abaixo), sen olvidarnos dos demáis, que colaboraron activamente.
 


Aspecto xeral do Pavillón de Salceda.

Tempo morto con Manolo explicando aos xogadores durante a final.

Unha xogada da final Caselas A - Porriño.

Representantes dos seis equipos participantes cos seus trofeos. De ezquerda a dereita os capitáns de Caselas A, Caselas B, Salvaterra, Porriño, Maside e Nigrán.


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | TORNEOS E ACTOS