Mi?rcoles, 29 de abril de 2015
Martes, 28 de abril de 2015
C.B.CASELAS (60): Pedro 21, Carlos 7, Dani 4, Rober 4 e Lucas 0. QUINTETO. Hedber 16, Rubén 3, Pablo Taboada 0, Oscar 5 e Jorge 0.
Parciais: 11-19 / 13-12 / 17-7 / 10-13.  Prórroga: 6-9.
Incidencias: Primeira xornada da Copa Primavera disputada no Colexio Seis do Nadal en Coia.

O Caselas aparecía en Coia con tres importantes baixas: Pablo Cabaleiro, Igor e César. Pero o bó traballo colectivo do resto do plantel decantou a balanza ao noso favor na prórroga, logo de chegar ao final do tempo regulamentario con empate a 51. Nos cinco minutos extras o noso pivot Hedber foi decisivo, acompañado por unha tripla do capitán Rubén. O encontro foi igualadísimo e traballado por parte dos homes de Carlos Kustrin perante un combativo e xoven equipo vigués.
Outro resultado do Grupo B: Ponteareas 45 Rías Baixas A 75. 

CATEGORÍAS BASE:
Cinco partidos na base e cinco victorias nunha excelente xornada. Partidos sufridos -con prórroga incluída nos cadetes con Salvaterra-, e outros non tanto, pero cos equipos do Caselas competindo ben. As Infantiles rematan a liga en sexta posición (balance de 11 victorias/9 derrotas) con doble victoria no seu dobre enfrontamento. Grandes rapazas!!
Cadete Masc (amigable): CASELAS 50 SALVATERRA 48
Infantil Fem: CASELAS 50 LOS SAUCES 43
SALESIANOS VIGO 39 CASELAS 43
Alevín Mixto: CASELAS 54 TUI B 27
Benxamín Mixto: SANTO TOMÁS 24 CASELAS 30


Publicado por cbcaselas @ 0:40  | CRONICAS
Lunes, 20 de abril de 2015

Moi mal fin de semana para as categorías base. Está claro que non sempre se gaña, e esta vez, así foi.
O Infantil Feminino xogaba o partido aprazado co líder Seis do Nadal B, que non deu opción as nosas: 62-20.
O Alevín Mixto xogou un dos peores partidos da campaña e perdeu en Vigo con Miralba cun marcador curtísimo: 37-22.
O Benxamín Mixto, que xoga a fase polo título na Liga Escolar de Porriño, caiu co Peña Francia de Mos por 17 puntos de diferenza.

##  A xornada estivo marcada polo falecemento, o pasado xoves, da nai dos nosos queridos xogadores Cris (infantil) e Carlos (junior). Rosi era unha persoa moi querida no club e no pobo, e dende sempre -e xa hai moitos anos- era unha gran seguidora do club acompañando, xunto ao seu marido Carlos, aos seus fillos alá onde xogaban. Sen dúbida sempre a recordaremos pola súa cordialidade, ánimos e saber estar. Dende aquí o noso apoio e ánimo a familia. Grazas Rosi.


Publicado por cbcaselas @ 22:54
Domingo, 19 de abril de 2015

Xa temos o calendario da Copa Primavera Senior, onde estará o C.B.Caselas. Xogarase unha liga a unha volta en 2 grupos. O primeiro de cada grupo vai a final. Sorte equipo!!!!

Equipos e calendario do Caselas:
GRUPO A: Airexa Nigrán B, Syngenta Seis Nadal, Estudiantes Pontevedra, Rías Baixas B, Rías Baixas C.
GRUPO B: Caselas, C.E.Sestelo Ponteareas, Seis Nadal Coia, Rías Baixas A.

26/04/2015  SEIS NADAL COIA - CASELAS
10/05/2015  C.E.SESTELO PONTEAREAS - CASELAS
24/05/2015  CASELAS - RÍAS BAIXAS A
31/05/2015  FINAL IDA: 1ºGrupo B - 1ºGrupo A
07/06/2015  FINAL VOLTA: 1ºGrupo A - 1ºGrupo B


Publicado por cbcaselas @ 22:32
Lunes, 13 de abril de 2015
C.B.CASELAS (56): Pedro 17, Igor 10, Carlos 20, Rober 2 e Jorge 0. QUINTETO. Hedber 1, Dani 0, Rubén 0 e Oscar 6.
Parciais: 14-14 / 14-9 / 15-19 / 13-13.
Incidencias: Último partido da liguilla polos postos 5º a 8º da 3ªDivisión. Como ven sendo habitual, pouco público -menos de medio centenar de persoas- pero animoso e ruidoso, que apoiou ao Caselas cando máis se necesitou. O noso pivot Hedber retirouse lesionado no primeiro cuarto cunha lesión de nocello. Tamén o xogador visitante Pablo retirouse nos minutos finais por un pequeno corte na cabeza nunha xogada fortuíta. A ambos desexámoslle moi pronta recuperación.

Rematou a liga de 3ªDivisión o C.B.Caselas (patrocinado por HERMANOS NÚÑEZ LORENZO S.L.) cun encontro -como a maioría neste campionato tan igualado- no que houbo que loitar e sufrir ata o final. 
Os de Carlos Kustrin, con baixas importantes e sen ter un gran día, fixeron o necesario para gañar: boa defensa e bó movemento de balón en ataque, a pesar de non estar acertados no tiro.
No periodo final e co marcador igualadísimo, pouco xogo e moitos tiros libres, que resultaron decisivos para as nosas cores.

Clasificación final:
No outro partido do grupo, Arcade apretaba máis as cousas gañando 68-67 a Rías Baixas C. Así, os catro equipos que loitaron nesta liguilla polos postos 5º a 8º rematan empatados con 3 victorias / 3 derrotas cada un. E con este desenlace, o Caselas sae o máis perxudicado, ao ter o basketaverage peor de todos. A clasificación queda: 5º-Rías Baixas C, 6º-Rías Baixas A, 7º-Arcade, 8º-Caselas.

CATEGORÍAS BASE:
Partidazo Alevín Mixto. Caselas e Redondela tiveron que resolver na prórroga ao rematar con empate a 49. Ahí, os de Manolo, sentenciaron cun gran parcial de 17-5 e marcador final 66-54.
Non tivo a mesma sorte o Infantil Feminino. As de Adri e Xan plantaron cara ao Celta Bosco, pero perderon nos instantes finais 43-46.
Os peques Benxamíns de Iago seguen sumando na Liga Escolar de Porriño gañando ao Colexio Antonio Palacios.
Para rematar, recordar e agradecer aos patrocinadores da nosa base: CONCELLO DE SALCEDA, NOREXCA EXCAVACIÓNS, CHOCOLATES ANTOXO, TELMO IMPORT E SUMINISTROS PORRIÑO.
 


Publicado por cbcaselas @ 23:15  | CRONICAS
Lunes, 06 de abril de 2015

A familia que formamos o C.B.Caselas viaxamos a Ourense a ver o partido de LEB OURO (segunda categoría do baloncesto español) entre o Ourense Baloncesto e o filial do Joventut de Badalona.
A expedición de Salceda, composta por moitos rapaces que por primeira vez iban a un partido profesional, pasou unha gran tarde no Pazo dos Deportes Paco Paz, gozando da victoria do Club Ourense Baloncesto perante o Prat Joventut por 67-55.
Agradecer publicamente a gran disposición e trato recibido do club local hacia nós. Grazas Ourense!
 
A expedición de Salceda perante o Pazo.
 
Os Alevíns posan coa mascota do Club Ourense.
 
Xogada do Ourense.
 
A nosa xogadora Sofía -xunto con Carla, que se atopaba na outra canasta- lanza cos ollos tapados.
 
O público de Salceda non deixou de animar.
 
Os pequenos do Caselas co Ourense.
 
Os xogadores do Caselas "asaltaron" aos do Ourense ao remate do partido: autógrafos para todos!!! 


Publicado por cbcaselas @ 0:59  | TORNEOS E ACTOS

Os Benxamíns -entrenados por Iago- e os Alevíns -por Manolo- asistiron o luns e martes de semana santa, ao I Torneo Basket Sen Barreiras organizado polo C.B.Nigrán. Os de Salceda xogaron un total de 10 minipartidos, onde por riba do marcador, o máis importante era disfrutar do baloncesto. Agradecer ao clube local o seu gran traballo e a confianza en nós.
 
Alevín Mixto do CB.Caselas EDM.
 
Salto inicial do Caselas-Apóstol de Alevín.


Publicado por cbcaselas @ 0:39  | TORNEOS E ACTOS
Jueves, 02 de abril de 2015

Cadete Masculino: RÍAS BAIXAS 53 CASELAS 50.
CB.Caselas EDM (50): Hugo 6, Miguel Pereira 24, Pablo Rodríguez 5, Cristian 13 e Raúl 2. QUINTETO. Pablo Vaqueiro 0, Jorge 0, Miguel Sánchez 0.
Partido de volta polos postos 15º-16º de liga. Na ida gañou o Caselas 56-46, polo que o equipo de Manolo remata a competición no posto 15 de 18 equipos cun balance de 6 victorias e 14 derrotas. Como sucedeu na ida, os rapaces de Salceda saíron dormidos e parecía que entregaban o encontro no descanso: 29-16. Pero na segunda metade reaccionaron e cun parcial de 6-20 deron a volta ao partido. Nos segundos finais con 51-49, Miguel Pereira -o mellor- tivo dous tiros libres para empatar, pero só anotou o primeiro. Logo arriscamos en roubar o balón e os vigueses anotaron o 53-50 final.

O Infantil Feminino tivo en Baiona un encontro moi duro perante Baiona B, que nos gañou 45-41. O Benxamín segue a dar alegrías acadando unha nova victoria perante Valverde Mayo Atios.
E rematamos cos Minibasket que xogaron o Torneo Basket Sen Barreiras de Nigrán, do cal teredes información proximamente.


Publicado por cbcaselas @ 0:03