Jueves, 26 de marzo de 2015

O Club Baloncesto Caselas organiza unha viaxe a Ourense para ver un partido profesional de Liga LEB Ouro, segunda categoría do baloncesto español, logo da ACB.

CLUB OURENSE BALONCESTO – PRAT JOVENTUT DE BADALONA (equipo filial do Joventut)
Domingo 5 de abril as 7 da tarde no Pazo dos Deportes de Ourense

  • Pode ir quen queira (xogadores, familiares, público en xeral….).
  • Saída dende o pavillón de Salceda en Bus: 5 da tarde.
  • Regreso de Ourense a Salceda: ao remate do partido.
  • Interesados anotarse en Master Sanfer de Salceda ata o mércores 1 abril incluído. Hai 55 prazas dispoñibles no autobús que serán cubertas por orden de inscripción. Pagar no momento da inscripción. Non se devolve o diñeiro.
  • Prezo Bus+Entrada:  - Xogadores/entrenadores do CB.Caselas/EDM.Salceda e público ata 15 anos:  6 €   - Público máis de 15 anos:  11 €

Dende a nosa directiva, entendemos que é unha gran experiencia para todos nós e un dos actos para celebrar os 25 anos de baloncesto en Salceda. Agradecer ao Ourense as facilidades e prezos especias que nos puxo.


Publicado por cbcaselas @ 22:34  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 23 de marzo de 2015
C.B.CASELAS (63): Pedro 23, Igor 10, Carlos 8, Dani 0 e Rober 5. QUINTETO. Hedber 7, Rubén 8, Pablo Taboada 0, Oscar 0 e Jorge 2.
Parciais: 18-16 / 9-16 / 19-9 / 20-22.
Incidencias: Pavillón do Berbés en Vigo.

O C.B.Caselas loitou e estivo máis acertado que en anteriores partidos, pero enfronte tivo un equipo de calidade que no último cuarto resolveu dende o tiro libre. Os de Carlos Kustrin, que gañaban ao descanso 27-32, estiveron mal na reanudación. O bó traballo no derradeiro cuarto non foi suficiente para remontar.

CATEGORÍAS BASE:
O Cadete Masculino tamén xogaba co Rías Baixas en Salceda na ida dos postos 15-16. Os de Manolo, tras un mal inicio, puxéronse o mono de traballo na segunda metade e gañaron por 56-46.
O Infantil Feminino xogou tamén en Salceda co Miralba A nun encontro non apto para xente con problemas de corazón. A falta de 4 segundos en con empate no electrónico, a nosa xogadora Laura Rodríguez tivo 2 tiros libres para gañar, que non poido tirar ao sentirse indisposta. No seu lugar entrou Raquel, que errou os tiros, co que se foi á prórroga. Ahí non tivemos opcións e perdemos 40-47 nun partido malo.
O Alevín Mixto atopouse en Vigo cun equipo moi alto e rocoso como o Andersen, que nos gañou 41-33 a pesar do esforzo dos [email protected] 


Publicado por cbcaselas @ 23:25  | CRONICAS
Domingo, 15 de marzo de 2015
C.B.CASELAS (39): Pedro 7, Igor 5, Carlos 5, Dani 6 e Rober 2. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 2, Lucas 0, Rubén 5, Pablo Taboada 0, Oscar 2 e Jorge 5.
Parciais: 11-4 / 9-15 / 12-14 / 7-9.
Incidencias: Flouxa entrada de público no Pavillón de Salceda, con apenas unha treintena de afecionados.

Partido sen historia, cheo de erros e imprecisións e un Caselas que nunca tivo as ideas claras. Aínda así, o Arcade tampouco demostrou moito e o encontro foi igualado ata o final.
Nos derradeiros minutos, como nos ten sucedido ao longo da temporada, a historia se repite: calquera mal pase, calquera infracción, calquera decisión arbitral, calquera tiro fácil (véxase tiros libres), etc, decide o resultado para un ou outro lado. E aquí, esta vez fallamos. Arcade, simplemente, fallou menos.

CADETE MASCULINO: postos 13 a 16.
Despois do visto o xoves en Salceda no partido de ida da eliminatoria entre Caselas e Tui, nin os máis optimistas poderían apostar polos nosos rapaces para o partido de volta. Pero os de Manolo a punto estiveron de remontar na volta, onde deron unha gran imaxe.
Ida: CASELAS 42 TUI 68 
Caselas (42): Miguel Pereira 22, Pablo Rguez 4, Cristian 12, Raúl 4 e Gabriel 0. QUINTETO. Hugo 0, Pablo Vaqueiro 0 e Miguel Sánchez 0.
Os de Manolo saíron dormidos na primeira metade, onde entregaron o partido (13-40 ao descanso). Na segunda parte reaccionaron moi ben, deixando a diferenza en 26 puntos para o partido de volta.
Volta: TUI 42 CASELAS 60
Caselas (60): Miguel Pereira 16, Aarón 20, Pablo Rguez 9, Cristian 10 e Raúl 3. QUINTETO. Hugo 0, Pablo Vaqueiro 0 e Gabriel 2.
Gran partido dos nosos, que saíron moi intensos e concentrados cun elocuente marcador no primeiro cuarto: 0-26. Sabiamos que os tudenses non tardarían en reaccionar, e así o fixeron, pero a nosa resposta foi boa, alcanzando diferenzas de preto de 30 puntos. A clave estivo a falla de tres minutos coa eliminación por faltas de dous xogadores claves no Caselas: o pivot Miguel e o base Cristian, que deixaron moi mermado ao equipo. Tui aproveitou para recortar e resolver a eliminatoria. Felicitar aos rapaces polo gran traballo!!
Agora xogaremos outra eliminatoria polos postos 15-16 co perdedor do Porriño B-Rías Baixas.

OUTROS RESULTADOS
O Alevín Mixto perdeu un partido que tiña controlado no descanso. Resultado: CASELAS 30 AIREXA NIGRÁN 43.
O Infantil Feminino xogaba o derbi en Porriño apoiadas por moitísimo público de Salceda, que non parou de animar. As porriñesas levaron sempre o mando no marcador e levaron a victoria: PORRIÑO B 52 CASELAS 40. 
Os peques deron unha nova alegría na liga escolar de Porriño gañando por 10 puntos ao Colexio Fdez.López. 


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS
Martes, 10 de marzo de 2015
C.B.CASELAS (62): Pedro 22, Igor 7, Carlos 12, Dani 2 e Rober 5. QUINTETO. Lucas 1, Rubén 3, Pablo Taboada 0, Oscar 8 e Jorge 2.
Parciais: 6-12 / 10-15 / 26-22 / 18-13.
Incidencias: Pavillón do Berbés en Vigo. O xogador Hedber cumpría o primeiro de dous partidos de sanción.

Partido intenso e vibrante resolto -como non- no minuto final. Presentábanse os homes de Carlos Kustrin coas baixas de César, Hedber e Pablo Cabaleiro, pero, lonxe desa realidade, os nosos enseguida se asentaron sobre o parqué e colleron as primeiras ventaxas: 6-12 e 16-27 no descanso.
Na segunda metade, os locais vinéronse arriba e foron recortando a diferenza. O encontro cobrou intensidade e moitas faltas: 30 cometeron os de Salceda con catro eliminados, e moitos tiros libres no tramo final. No medio dese escenario, o Rías Baixas chegou a empatar a 60 a escasos segundos do remate. Con posesión de balón e tras tempo morto do entrenador do Caselas Carlos, o noso xogador Jorge anota o 60-62 definitivo tras magnífica asistencia do capitán Rubén. Alegría desbortante e premio xusto.
O vindeiro sábado recibimos a Arcade. Facemos un chamamento a afeción para que nos apoie. 

Categorías Base:
Excelente triunfo do Alevín Mixto de Manolo no miniderbi de Tui. Os [email protected] non estiveron nada atinados no tiro, pero traballaron moi ben atrás. Resultado: TUI 23 CASELAS 34 (10-16 ao descanso).
O Cadete Masc e Infantil Fem aprazaron os seus partidos. 


Publicado por cbcaselas @ 0:09  | CRONICAS
Lunes, 02 de marzo de 2015

08/03/2015-Semifinais Ida:
RÍAS BAIXAS-PORRIÑO B
CASELAS-TUI B 

15/03/2015-Semifinais Volta:
PORRIÑO B-RÍAS BAIXAS
TUI B-CASELAS 

Os gañadores de cada semifinal, xogan a ida e volta polos postos 13º-14º. Igualmente os perdedores polos postos 15º-16º.


Publicado por cbcaselas @ 22:54

O protagonismo desta xornada foi para as categorías base ao non haber baloncesto senior.
O Alevín Mixto xogou un deses partidos nos que ningún equipo mereceu perder. Visto o sucedido no Pavillón de Salceda, a igualdade foi total entre Caselas e Miralba, con dous equipos que ofreceron ao numerosísimo público un bó partido. Nos segundos finais con 40-41, a nosa xogadora Sofía anota o 42-41. A falla de 7 segundos unha tripla visitante deixa o 42-44 definitivo para os vigueses. Está claro que ao noso equipo non se lle dan ben os finais igualados, pois leva catro derrotas de menos de 4 puntos. Teremos que seguir traballando!
O Cadete Masculino rematou a primeira fase de liga cunha derrota en Salceda perante Airexa Nigrán, 30-38. Mal partido dos nosos, espesos e desacertados en ataque e cunha actitude que debemos mellorar.
O Infantil Feminino segue a dar boas sensacións. Gañou en Vigo ao IES.Rosais por 29-52 con minutos para todas as xogadoras.

FORO DO CLUBE
No menú principal desta web temos un foro no cal nos gustaría que participárades. O foro non se usa practicamente e está moi parado. Creemos que é unha pena, pois é unha ferramenta para expresar ou preguntar aquelo que queirades sobre o mundo da canasta, ademáis de enriquecernos con todo o que se diga. Recordade que pode ser anónimo e non precisa rexistro. Animádevos!


Publicado por cbcaselas @ 0:03