Martes, 10 de marzo de 2015
C.B.CASELAS (62): Pedro 22, Igor 7, Carlos 12, Dani 2 e Rober 5. QUINTETO. Lucas 1, Rubén 3, Pablo Taboada 0, Oscar 8 e Jorge 2.
Parciais: 6-12 / 10-15 / 26-22 / 18-13.
Incidencias: Pavillón do Berbés en Vigo. O xogador Hedber cumpría o primeiro de dous partidos de sanción.

Partido intenso e vibrante resolto -como non- no minuto final. Presentábanse os homes de Carlos Kustrin coas baixas de César, Hedber e Pablo Cabaleiro, pero, lonxe desa realidade, os nosos enseguida se asentaron sobre o parqué e colleron as primeiras ventaxas: 6-12 e 16-27 no descanso.
Na segunda metade, os locais vinéronse arriba e foron recortando a diferenza. O encontro cobrou intensidade e moitas faltas: 30 cometeron os de Salceda con catro eliminados, e moitos tiros libres no tramo final. No medio dese escenario, o Rías Baixas chegou a empatar a 60 a escasos segundos do remate. Con posesión de balón e tras tempo morto do entrenador do Caselas Carlos, o noso xogador Jorge anota o 60-62 definitivo tras magnífica asistencia do capitán Rubén. Alegría desbortante e premio xusto.
O vindeiro sábado recibimos a Arcade. Facemos un chamamento a afeción para que nos apoie. 

Categorías Base:
Excelente triunfo do Alevín Mixto de Manolo no miniderbi de Tui. Os [email protected] non estiveron nada atinados no tiro, pero traballaron moi ben atrás. Resultado: TUI 23 CASELAS 34 (10-16 ao descanso).
O Cadete Masc e Infantil Fem aprazaron os seus partidos. 


Publicado por cbcaselas @ 0:09  | CRONICAS