Lunes, 02 de marzo de 2015

O protagonismo desta xornada foi para as categorías base ao non haber baloncesto senior.
O Alevín Mixto xogou un deses partidos nos que ningún equipo mereceu perder. Visto o sucedido no Pavillón de Salceda, a igualdade foi total entre Caselas e Miralba, con dous equipos que ofreceron ao numerosísimo público un bó partido. Nos segundos finais con 40-41, a nosa xogadora Sofía anota o 42-41. A falla de 7 segundos unha tripla visitante deixa o 42-44 definitivo para os vigueses. Está claro que ao noso equipo non se lle dan ben os finais igualados, pois leva catro derrotas de menos de 4 puntos. Teremos que seguir traballando!
O Cadete Masculino rematou a primeira fase de liga cunha derrota en Salceda perante Airexa Nigrán, 30-38. Mal partido dos nosos, espesos e desacertados en ataque e cunha actitude que debemos mellorar.
O Infantil Feminino segue a dar boas sensacións. Gañou en Vigo ao IES.Rosais por 29-52 con minutos para todas as xogadoras.

FORO DO CLUBE
No menú principal desta web temos un foro no cal nos gustaría que participárades. O foro non se usa practicamente e está moi parado. Creemos que é unha pena, pois é unha ferramenta para expresar ou preguntar aquelo que queirades sobre o mundo da canasta, ademáis de enriquecernos con todo o que se diga. Recordade que pode ser anónimo e non precisa rexistro. Animádevos!


Publicado por cbcaselas @ 0:03