Martes, 24 de febrero de 2015
C.B.CASELAS (46): Hedber 6, Pedro 12, Rober 0, Rubén 2 e Jorge 0. QUINTETO. Igor 2, Carlos 0, Dani 0, Lucas 0, César 11, Pablo Taboada 0 e Oscar 13.
Parciais: 7-13 / 20-13 / 8-8 / 11-16.
Incidencias: O Pavillón de Deportes de Salceda rexistrou a entrada máis frouxa da temporada, con dúas docenas de afecionados. O partido coincidiu con varios actos do Entroido. O noso xogador Igor Sío -que reaparecía hoxe tras unha longa lesión-, tivo que retirarse no terceiro periodo e acudir ao hospital ao abrir unha cella nunha caída. Desexámoslle moito ánimo e pronta recuperación.

O Caselas nunca estivo metido nun encontro que sin embargo dominou no marcador, pero non soubo rematar no último minuto.
Os de Carlos Kustrin, con máis corazón que cabeza, estiveron moi intermitentes, con escaso acerto anotador e con poucas ideas, sobre todo nos momentos decisivos. Con estas facilidades, o rival (equipo rochoso e ben traballado) aproveitou para gañar.
Este tropezo debe facernos reflexionar. Debemos mellorar mentalidade e actitude, e xa demostramos que podemos conseguilo. Na próxima semana hai descanso na liga. Arriba Caselas!!! 

Categorías Base:
Gran victoria do Alevín Mixto en Redondela (38-64) no inicio da 2ªFase postos 7º a 12º. Os/as de Manolo recuperan boas sensacións despois dos irregulares últimos partidos.
O Cadete Masculino, con só 6 xogadores, plantou cara por momentos a un ordenado Compañía de María en Vigo, pero acabou por ceder á evidencia e perdeu 49-26.
As rapazas Infantiles descansaron.


Publicado por cbcaselas @ 22:44  | CRONICAS
Viernes, 13 de febrero de 2015

Este luns 16 de Entroido, ENTRENARÁN todos os equipos.
O martes 17, festivo local en Salceda, NON HAI ENTRENO para as infantiles.
O resto dos días se entrena como de costume.


Publicado por cbcaselas @ 20:40

Os rapaces/as alevíns rematan a 1ªFase en cuarto lugar do Grupo 2B.
Agora na 2ªFase xogarán polos postos 7º a 12º cos terceiros e cuartos clasificados dos Grupos 2A, 2B, 2C.

Calendario:
1   22/02/15  REDONDELA-CASELAS
2   01/03/15  CASELAS-MIRALBA
3   08/03/15  TUI-CASELAS
4   15/03/15  CASELAS-AIREXA NIGRÁN
5   22/03/15  ANDERSEN 1-CASELAS
6   12/04/15  CASELAS-REDONDELA
7   19/04/15  MIRALBA-CASELAS
8   26/04/15  CASELAS-TUI
9   10/05/15  AIREXA NIGRÁN-CASELAS
10 17/05/15  CASELAS-ANDERSEN 1


Publicado por cbcaselas @ 20:36
Lunes, 09 de febrero de 2015
C.B.CASELAS (61): Hedber 15, Pedro 15, Rober 2, Pablo Taboada 8 e Jorge 6. QUINTETO. Carlos 7 e Oscar 8.
Parciais: 10-16 / 13-13 / 19-19 / 17-13.
Incidencias: Primeiro partido da 2ªFase polos postos 5º a 8º xogado no Pavillón Municipal de Soutomaior.

Un mermado Caselas -con seis baixas- sacou petróleo dunha difícil cancha e diante dun bó equipo. O equipo de Salceda soubo administrar e rendabilizar perfectamente os recursos dispoñibles para levarse un encontro igualado e decidido no último minuto. Nese instante e con 59-60 no electrónico, os locais tiveron posesión para gañar, pero agotaron os 24 segundos de posesión froito da boa defensa dos de Carlos Kustrin. Entón, con só un segundo e medio para o remate, prodúcese unha falta sobre Oscar con dous tiros libres. O noso xogador anota o primeiro (59-61) e falla o segundo, deixando o marcador definitivo e sen tempo de reacción para Arcade.
Destacar a entrega e aguante duns xogadores do Caselas que remataron cargados de faltas, pero que demostraron entereza e veteranía. Noraboa rapaces! 

Categorías Base:
Outro bó fin de semana para a base, onde gañaron tres dos catro equipos.
Comezaban o venres os Benxamíns con clara victoria perante o Colexio Fdez.López.
En Salceda fomos testigos de dúas victorias -Infantil Feminino e Cadete Masculino- en dous partidos que non foron moi bós, pero no caso das rapazas, moito mérito ao gañar a segundo clasificado Apóstol, que aparecía en Salceda con unha derrota en toda a liga. No outro partido "local", houbo un descafeinado derbi Caselas-Ponteareas, con pouco xogo pero victoria dos nosos.
O Alevín caeu claramente en Salesianos en partido de moita dureza.
- Cadete Masc: CASELAS 38 PONTEAREAS 24
- Infantil Fem: CASELAS 38 APÓSTOL 34
- Alevín Mixto: SALESIANOS VIGO 62 CASELAS 15

Parón no Entroido:
Todas as ligas onde participa o Caselas páranse neste próximo fin de semana de Entroido. Os equipos entrenarán con normalidade nos días habituais. O ancestral Entroido salcedense transforma por completo o noso concello nestes días, con grandes desfiles e verbenas. Disfrutade!!


Publicado por cbcaselas @ 23:14  | CRONICAS
Martes, 03 de febrero de 2015

Equipos:  
CASELAS (3ºE1), ARCADE (4ºE1), RÍAS BAIXAS "A" (3ºE2), RÍAS BAIXAS "C" (4ºE2).

Calendario:
1   08/02/15  ARCADE-CASELAS
2   22/02/15  CASELAS-RÍAS BAIXAS "C"
3   08/03/15  RÍAS BAIXAS "A"-CASELAS
4   15/03/15  CASELAS-ARCADE
5   22/03/15  RÍAS BAIXAS "C"-CASELAS
6   12/04/15  CASELAS-RÍAS BAIXAS "A"


Publicado por cbcaselas @ 0:06
Lunes, 02 de febrero de 2015

C.B.CASELAS (70): Hedber 10, Pedro 5, Rober 7, César 8 e Jorge 7. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 5, Carlos 6, Dani 0, Lucas 5, Rubén 8 e Oscar 9.
Parciais: 19-14 / 14-15 / 24-6 / 13-12.
Incidencias: Derradeira xornada da primeira fase de liga disputada no Pavillón de Salceda perante algo menos de catro decenas de espectadores.

Fixo sufrir o Caselas á parroquia local ata o descanso (33-29), pero conscientes do que pasaba, os nosos xogadores saíron no terceiro cuarto dispostos a sentenciar. E así foi. O parcial de 24-6 neste cuarto fala por si só: gran implicación de todos (aquí todo o mundo non só aporta, se non que tamén anotan), e partido sentenciado.
Remata así a primeira fase cun gran 3º posto (10 victorias-4 derrotas) neste grupo E-1 de 3ªDivisión. Nos quedamos a unha soa victoria de quedar segundos e clasificarnos para a fase de ascendo a 2ª. Tal vez, pouca recompensa para o gran traballo. Pero as sensacións son moi boas e debemos estar orgullosos.
Xa sen descanso, o próximo fin de semana comeza a segunda fase onde loitaremos polos postos 5º a 8º.
 

CATEGORÍAS BASE:
Excelente xornada para a base.
Ansiosos por debutar, saltaban o venres os peques Benxamíns a cancha de Porriño cunha clara victoria perante o Colexio Antonio Palacios.
Infantil feminino desfacíase sen problemas en Salceda de Miralba "B": 62-17. As rapazas de Adri e Xan son terceiras.
Cadete masculino nos fixo sufrir no pavillón do Berbés perante Rías Baixas. Logo de dominar o encontro, os vigueses puxéronse a un punto a escasos dous minutos do final, 37-38; pero a loita e acerto dende o tiro libre nos deu unha gran victoria 37-42.


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | CRONICAS