Martes, 24 de febrero de 2015
C.B.CASELAS (46): Hedber 6, Pedro 12, Rober 0, Rubén 2 e Jorge 0. QUINTETO. Igor 2, Carlos 0, Dani 0, Lucas 0, César 11, Pablo Taboada 0 e Oscar 13.
Parciais: 7-13 / 20-13 / 8-8 / 11-16.
Incidencias: O Pavillón de Deportes de Salceda rexistrou a entrada máis frouxa da temporada, con dúas docenas de afecionados. O partido coincidiu con varios actos do Entroido. O noso xogador Igor Sío -que reaparecía hoxe tras unha longa lesión-, tivo que retirarse no terceiro periodo e acudir ao hospital ao abrir unha cella nunha caída. Desexámoslle moito ánimo e pronta recuperación.

O Caselas nunca estivo metido nun encontro que sin embargo dominou no marcador, pero non soubo rematar no último minuto.
Os de Carlos Kustrin, con máis corazón que cabeza, estiveron moi intermitentes, con escaso acerto anotador e con poucas ideas, sobre todo nos momentos decisivos. Con estas facilidades, o rival (equipo rochoso e ben traballado) aproveitou para gañar.
Este tropezo debe facernos reflexionar. Debemos mellorar mentalidade e actitude, e xa demostramos que podemos conseguilo. Na próxima semana hai descanso na liga. Arriba Caselas!!! 

Categorías Base:
Gran victoria do Alevín Mixto en Redondela (38-64) no inicio da 2ªFase postos 7º a 12º. Os/as de Manolo recuperan boas sensacións despois dos irregulares últimos partidos.
O Cadete Masculino, con só 6 xogadores, plantou cara por momentos a un ordenado Compañía de María en Vigo, pero acabou por ceder á evidencia e perdeu 49-26.
As rapazas Infantiles descansaron.


Publicado por cbcaselas @ 22:44  | CRONICAS