Lunes, 09 de febrero de 2015
C.B.CASELAS (61): Hedber 15, Pedro 15, Rober 2, Pablo Taboada 8 e Jorge 6. QUINTETO. Carlos 7 e Oscar 8.
Parciais: 10-16 / 13-13 / 19-19 / 17-13.
Incidencias: Primeiro partido da 2ªFase polos postos 5º a 8º xogado no Pavillón Municipal de Soutomaior.

Un mermado Caselas -con seis baixas- sacou petróleo dunha difícil cancha e diante dun bó equipo. O equipo de Salceda soubo administrar e rendabilizar perfectamente os recursos dispoñibles para levarse un encontro igualado e decidido no último minuto. Nese instante e con 59-60 no electrónico, os locais tiveron posesión para gañar, pero agotaron os 24 segundos de posesión froito da boa defensa dos de Carlos Kustrin. Entón, con só un segundo e medio para o remate, prodúcese unha falta sobre Oscar con dous tiros libres. O noso xogador anota o primeiro (59-61) e falla o segundo, deixando o marcador definitivo e sen tempo de reacción para Arcade.
Destacar a entrega e aguante duns xogadores do Caselas que remataron cargados de faltas, pero que demostraron entereza e veteranía. Noraboa rapaces! 

Categorías Base:
Outro bó fin de semana para a base, onde gañaron tres dos catro equipos.
Comezaban o venres os Benxamíns con clara victoria perante o Colexio Fdez.López.
En Salceda fomos testigos de dúas victorias -Infantil Feminino e Cadete Masculino- en dous partidos que non foron moi bós, pero no caso das rapazas, moito mérito ao gañar a segundo clasificado Apóstol, que aparecía en Salceda con unha derrota en toda a liga. No outro partido "local", houbo un descafeinado derbi Caselas-Ponteareas, con pouco xogo pero victoria dos nosos.
O Alevín caeu claramente en Salesianos en partido de moita dureza.
- Cadete Masc: CASELAS 38 PONTEAREAS 24
- Infantil Fem: CASELAS 38 APÓSTOL 34
- Alevín Mixto: SALESIANOS VIGO 62 CASELAS 15

Parón no Entroido:
Todas as ligas onde participa o Caselas páranse neste próximo fin de semana de Entroido. Os equipos entrenarán con normalidade nos días habituais. O ancestral Entroido salcedense transforma por completo o noso concello nestes días, con grandes desfiles e verbenas. Disfrutade!!


Publicado por cbcaselas @ 23:14  | CRONICAS