Lunes, 02 de febrero de 2015

C.B.CASELAS (70): Hedber 10, Pedro 5, Rober 7, César 8 e Jorge 7. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 5, Carlos 6, Dani 0, Lucas 5, Rubén 8 e Oscar 9.
Parciais: 19-14 / 14-15 / 24-6 / 13-12.
Incidencias: Derradeira xornada da primeira fase de liga disputada no Pavillón de Salceda perante algo menos de catro decenas de espectadores.

Fixo sufrir o Caselas á parroquia local ata o descanso (33-29), pero conscientes do que pasaba, os nosos xogadores saíron no terceiro cuarto dispostos a sentenciar. E así foi. O parcial de 24-6 neste cuarto fala por si só: gran implicación de todos (aquí todo o mundo non só aporta, se non que tamén anotan), e partido sentenciado.
Remata así a primeira fase cun gran 3º posto (10 victorias-4 derrotas) neste grupo E-1 de 3ªDivisión. Nos quedamos a unha soa victoria de quedar segundos e clasificarnos para a fase de ascendo a 2ª. Tal vez, pouca recompensa para o gran traballo. Pero as sensacións son moi boas e debemos estar orgullosos.
Xa sen descanso, o próximo fin de semana comeza a segunda fase onde loitaremos polos postos 5º a 8º.
 

CATEGORÍAS BASE:
Excelente xornada para a base.
Ansiosos por debutar, saltaban o venres os peques Benxamíns a cancha de Porriño cunha clara victoria perante o Colexio Antonio Palacios.
Infantil feminino desfacíase sen problemas en Salceda de Miralba "B": 62-17. As rapazas de Adri e Xan son terceiras.
Cadete masculino nos fixo sufrir no pavillón do Berbés perante Rías Baixas. Logo de dominar o encontro, os vigueses puxéronse a un punto a escasos dous minutos do final, 37-38; pero a loita e acerto dende o tiro libre nos deu unha gran victoria 37-42.


Publicado por cbcaselas @ 23:50  | CRONICAS