Mi?rcoles, 28 de enero de 2015

O suplemento "El Comarcal" de La Voz de Galicia adica xoves 29 de xaneiro unha reportaxe dunha páxina ao 25 aniversario do Club Baloncesto Caselas. Agradecer a La Voz o seu interese polo noso clube.


Publicado por cbcaselas @ 18:08  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 26 de enero de 2015
C.B.CASELAS (63): Hedber 9, Pedro 16, Dani 3, Rober 3 e César 19. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 2, Carlos 0, Lucas 0, Rubén 4 e Oscar 7.
Parciais: 20-19 / 9-12 / 18-14 / 16-12.
Incidencias: Partido correspondente a 9ªxornada que foi aprazado no seu día. Máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda. O público xenial, de agradecer. Estiveron animando sen parar aos nosos, especialmente na segunda metade convertíndose no "sexto home".

Partido dos que fan afeción, con dous equipos facendo un baloncesto dos que gusta ver. A igualdade foi a tónica xeral: xa se prevía así co 20-19 do primeiro cuarto, 29-31 no descanso, e 56-54 a falla de moi pouco para o final. Ahí o papel dun público local entregado como había tempo que non sucedía no pavillón, e a loita dos nosos xogadores nos auparon a victoria.
Todos os xogadores do Caselas seguen aportando cousas, cada un o que mellor sabe facer, e iso unido a un xogo colectivo -nada egoísta-, con boas porcentaxes no lanzamento propiciadas pola boa circulación de balón.
Co terceiro posto asegurado, pero sen opcións de fase de ascenso, o Caselas rematará a primeira fase de liga o vindeiro sábado 31 de xaneiro recibindo ao Rodaballo novamente en Salceda.
 

Categorías Base:
A Base segue a competir moi ben a pesar de non gañar, e isto é moi positivo de cara o futuro.
Alevíns e Cadetes xogaban en Salceda con dous equipos da zona alta. O Alevín Mixto perdía con Defensores do Morrazo por 32-36 e xa van varios partidos perdendo pola mínima. O Cadete Masculino caía co Apóstol de Vigo por 56-72. 


Publicado por cbcaselas @ 22:48  | CRONICAS
Mi?rcoles, 21 de enero de 2015

ÚLTIMA HORA: Aprazado o partido Infantil Feminino entre o Caselas e o Seis do Nadal a petición do Caselas debido as lesións.


Publicado por cbcaselas @ 20:41
Lunes, 19 de enero de 2015
C.B.CASELAS (55): Hedber 10, Rober 8, César 11, Rubén 6 e Pablo Taboada 6. QUINTETO. Pedro 6, Carlos 0, Dani 1, Lucas 4, Oscar 2 e Jorge 0.
Parciais: 13-13 / 5-15 / 13-11 / 15-16.
Incidencias: Partido xogado domingo a mañá no Colexio Marcote de Vigo.

Traballada victoria do C.B.Caselas perante o penúltimo clasificado nun partido onde quedou moi claro que non hai ningún equipo fácil nesta liga. Os locais, cun xogo interior moi rochoso, foron sempre a remolque no electrónico, pero sen permitir que os de Salceda se fosen no marcador. Ao final, a veteranía e saber estar dos nosos, nos levaron a un importante triunfo.
Na vindeira xornada párase a liga. O Caselas aproveitará para xogar o seu partido aprazado co Rías Baixas "B" en Salceda. 

Categorías Base:
Moi bó encontro das Infantiles, non só polo xogo, se non pola emoción ata o derradeiro segundo. Resultado: Caselas 45 Salesianos 44.
O Alevín Mixto loitou e mereceu máis, pero non estivo demasiado acertado. Resultado: Caselas 38 Andersen 50.
O Cadete Masculino entregou o partido no primeiro cuarto, 21-6, para rematar con 57-29 na cancha de Los Sauces. 


Publicado por cbcaselas @ 23:26  | CRONICAS
Domingo, 18 de enero de 2015

Campaña de Socios

Ano 2.015 

Faite socio por 15€ ano


CLUB BALONCESTO CASELAS
1990 - 2015
25 anos de baloncesto en Salceda

Comparte a nosa ilusión !!!!!!!!


Publicado por cbcaselas @ 2:01
Lunes, 12 de enero de 2015
C.B.CASELAS (73): Hedber 3, Pedro 13, Rober 8, Lucas 3 e César 23. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 4, Carlos 8, Dani 3, Rubén 4, Pablo Taboada 0, Oscar 4 e Jorge 0.
Parciais: 19-13 / 21-15 / 16-12 / 17-11.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Flouxa entrada; tres decenas de afecionados. Ademáis dos doce xogadores do Caselas, tamén estivo Igor, recuperandose da lesión no xeonllo.

Partido intenso, duro e bronco, sobre todo no último cuarto. Basta o dato que foron sinaladas un total de 61 faltas (32 ao Caselas e 29 ao Arcade). O Caselas dominou o partido e o marcador os 40 minutos, controlando o ritmo e xogando con cabeza cando se necesitaba. O Arcade, a pesar da diferenza en contra, sempre loitou pola victoria.
Os de Carlos Kustrin estiveron acertados no lanzamento, con boa selección de tiro -aspecto que fallou noutros partidos- e ata sete triplas anotadas, ademáis dos numerosos tiros libres, provocados polas faltas.
Na vindeira xornada viaxamos a cancha do Vigo 90'S. 

Categorías Base:
O Infantil Feminino non gañou, pero volveu coa sensación dun moi bó partido en Navia. Resultado: Celta Bosco 63 Caselas 57.
O Cadete Masculino atoupouse cun superior Seis do Nadal e perdeu 32-88.
O Alevín Mixto segue aspirando a fase polo título e gañou fóra de Salceda, aínda sen xogar ben. Resultado: Baiona "B" 26 Caselas 42. 


Publicado por cbcaselas @ 23:59  | CRONICAS
Domingo, 04 de enero de 2015


Alevín Mixto (arriba) e Cadete Masculino (abaixo) no Torneo de Nadal de Salvaterra.

O ano novo abriase co Torneo de Nadal de Salvaterra, disputado este sábado 3 de xaneiro en formato cuadrangular para as categorías Alevín e Cadete.
O Caselas Alevín Mixto proclamouse xusto campeón ao vencer na final a Condado de Ponteareas por 24-22. Previamente gañamos en semifinais a Monçao por 22-45. Condado vencía na outra semifinal a Salvaterra. Os [email protected] de Manolo celebrárono por todo o alto.
Pola tarde, turno para o Cadete Masculino, que, con moitas baixas, fixeron un aceptable papel quedando subcampións ao perder na final con Seis do Nadal por 32-15. Previamente gañamos en semifinais aos anfitrións de Salvaterra por 12-28. Seis do Nadal vencía a outra semifinal a Tui.
Destacar a boa imaxe e entrega dada polos nosos xogadores e público que nos acompañou. Agradecer aos nosos veciños de Salvaterra o seu excelente trato.

 


Publicado por cbcaselas @ 0:40  | TORNEOS E ACTOS