Lunes, 26 de enero de 2015
C.B.CASELAS (63): Hedber 9, Pedro 16, Dani 3, Rober 3 e César 19. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 2, Carlos 0, Lucas 0, Rubén 4 e Oscar 7.
Parciais: 20-19 / 9-12 / 18-14 / 16-12.
Incidencias: Partido correspondente a 9ªxornada que foi aprazado no seu día. Máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda. O público xenial, de agradecer. Estiveron animando sen parar aos nosos, especialmente na segunda metade convertíndose no "sexto home".

Partido dos que fan afeción, con dous equipos facendo un baloncesto dos que gusta ver. A igualdade foi a tónica xeral: xa se prevía así co 20-19 do primeiro cuarto, 29-31 no descanso, e 56-54 a falla de moi pouco para o final. Ahí o papel dun público local entregado como había tempo que non sucedía no pavillón, e a loita dos nosos xogadores nos auparon a victoria.
Todos os xogadores do Caselas seguen aportando cousas, cada un o que mellor sabe facer, e iso unido a un xogo colectivo -nada egoísta-, con boas porcentaxes no lanzamento propiciadas pola boa circulación de balón.
Co terceiro posto asegurado, pero sen opcións de fase de ascenso, o Caselas rematará a primeira fase de liga o vindeiro sábado 31 de xaneiro recibindo ao Rodaballo novamente en Salceda.
 

Categorías Base:
A Base segue a competir moi ben a pesar de non gañar, e isto é moi positivo de cara o futuro.
Alevíns e Cadetes xogaban en Salceda con dous equipos da zona alta. O Alevín Mixto perdía con Defensores do Morrazo por 32-36 e xa van varios partidos perdendo pola mínima. O Cadete Masculino caía co Apóstol de Vigo por 56-72. 


Publicado por cbcaselas @ 22:48  | CRONICAS