Lunes, 12 de enero de 2015
C.B.CASELAS (73): Hedber 3, Pedro 13, Rober 8, Lucas 3 e César 23. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 4, Carlos 8, Dani 3, Rubén 4, Pablo Taboada 0, Oscar 4 e Jorge 0.
Parciais: 19-13 / 21-15 / 16-12 / 17-11.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Flouxa entrada; tres decenas de afecionados. Ademáis dos doce xogadores do Caselas, tamén estivo Igor, recuperandose da lesión no xeonllo.

Partido intenso, duro e bronco, sobre todo no último cuarto. Basta o dato que foron sinaladas un total de 61 faltas (32 ao Caselas e 29 ao Arcade). O Caselas dominou o partido e o marcador os 40 minutos, controlando o ritmo e xogando con cabeza cando se necesitaba. O Arcade, a pesar da diferenza en contra, sempre loitou pola victoria.
Os de Carlos Kustrin estiveron acertados no lanzamento, con boa selección de tiro -aspecto que fallou noutros partidos- e ata sete triplas anotadas, ademáis dos numerosos tiros libres, provocados polas faltas.
Na vindeira xornada viaxamos a cancha do Vigo 90'S. 

Categorías Base:
O Infantil Feminino non gañou, pero volveu coa sensación dun moi bó partido en Navia. Resultado: Celta Bosco 63 Caselas 57.
O Cadete Masculino atoupouse cun superior Seis do Nadal e perdeu 32-88.
O Alevín Mixto segue aspirando a fase polo título e gañou fóra de Salceda, aínda sen xogar ben. Resultado: Baiona "B" 26 Caselas 42. 


Publicado por cbcaselas @ 23:59  | CRONICAS