Domingo, 04 de enero de 2015


Alevín Mixto (arriba) e Cadete Masculino (abaixo) no Torneo de Nadal de Salvaterra.

O ano novo abriase co Torneo de Nadal de Salvaterra, disputado este sábado 3 de xaneiro en formato cuadrangular para as categorías Alevín e Cadete.
O Caselas Alevín Mixto proclamouse xusto campeón ao vencer na final a Condado de Ponteareas por 24-22. Previamente gañamos en semifinais a Monçao por 22-45. Condado vencía na outra semifinal a Salvaterra. Os [email protected] de Manolo celebrárono por todo o alto.
Pola tarde, turno para o Cadete Masculino, que, con moitas baixas, fixeron un aceptable papel quedando subcampións ao perder na final con Seis do Nadal por 32-15. Previamente gañamos en semifinais aos anfitrións de Salvaterra por 12-28. Seis do Nadal vencía a outra semifinal a Tui.
Destacar a boa imaxe e entrega dada polos nosos xogadores e público que nos acompañou. Agradecer aos nosos veciños de Salvaterra o seu excelente trato.

 


Publicado por cbcaselas @ 0:40  | TORNEOS E ACTOS