Domingo, 28 de diciembre de 2014

Nadal intenso de actividades no clube.

O luns 22 e martes 23 de nadal, todas as nosas categorías base viaxaron a Panxón ao Torneo Solidario de Nadal do C.B.Nigrán. O Caselas xogou con equipos das provincias de Pontevedra, Ourense e Coruña dando unha boa imaxe.

O venres 26 celebramos a tradicional merenda de nadal. A gran familia que formamos reuniuse no Centro Cultural A Devesa onde pasamos un bó rato. A directiva obsequiou aos xogadores con un calendario de parede conmemorativo do 25 aniversario do C.B.Caselas.

O sábado 27 de nadal, o Pavillón de Deportes de Salceda foi escenario do Torneo Solidario de Nadal de Salceda en categoría benxamín. Os máis pequenos invadiron a pista durante toda a tarde, nun torneo onde os catro equipos participantes non competían en liga. Logo das semifinais Caselas-Salvaterra e Monçao-Condado Ponteareas, o Caselas e o Monçao plantábanse na final, que foi gañada polos nosos amigos do país veciño. Salvaterra venceu a Condado na 3º e 4º posto.
Agradecer a grande cantidade de público e xogadores que aportaron o seu alimento. Tamén o grande traballo de xogadores e entrenadores do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda, traballando en labores arbitrales.

Aquí vos quedan unhas fotos:
 
Foto de grupo do Torneo de Nigrán, co Caselas Infantil Feminino en primeiro plano.


Merenda de nadal do C.B.Caselas.

Merenda de nadal do C.B.Caselas: un grupo de infantiles con Xan.

Merenda de nadal do C.B.Caselas: os benxamíns.

Merenda de nadal do C.B.Caselas: xogadores senior e directivos.


Torneo Benxamín de Salceda: os rapaces de Salceda, Salvaterra, Ponteareas e Monçao cos trofeos.
 
Torneo Benxamín de Salceda: excelente traballo de organización de xogadores e entrenadores.
 
Torneo Benxamín de Salceda: o banquiño do Caselas co seu entrenador Iago.
 
Torneo Benxamín de Salceda: final Caselas-Monçao.
 
Torneo Benxamín de Salceda: os nosos xogadores posan co trofeo de subcampións.


Publicado por cbcaselas @ 1:34  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 23 de diciembre de 2014
C.B.CASELAS (48): Pedro 11, Carlos 10, Rober 4, Lucas 7 e Rubén 6. QUINTETO. Hedber 4, Dani 0, César 6, Pablo Taboada 0, Oscar 0 e Jorge 0.
Parciais: 21-20 / 29-4 / 12-16 / 12-8.
Incidencias: Derradeiro partido do ano 2014 xogado na tarde de domingo no Pavillón Universitario do CUVI en Vigo.

Un pésimo segundo cuarto -onde encaixamos un parcial de 29-4- acabou coas esperanzas do Caselas, nun encontro, que exceptuando ese periodo, foi igualado. Os locais, segundos clasificados, plantaron unha zona no segundo cuarto que os de Salceda non souberon atacar. Os nosos aínda así non baixaron os brazos, pero a ventaxa era insalvable perante un bó equipo. Sinalar as importantes ausencias de Igor, recuperándose da lesión, e de Pablo Cabaleiro, por motivos laborais. 
Tal vez as ausencias aos entrenamentos estén a pasar factura, pois nas últimas semanas houbo moitas faltas. O equipo debe entrenar para mellorar e seguir estando arriba.
No nadal hai parón de liga. Voltaremos o 10 de xaneiro cun interesante Caselas-Arcade no pavillón de Salceda. Ánimo equipo!!!!!

Categorías Base:
A mesma hora e a escasos quilómetros, concretamente en Maristas Vigo, o CADETE MASCULINO tiña un rival case imposible -o Novobasket- que lidera con moitísima solvencia o grupo. Os de Manolo caeron por 106-28.
Os outros dous equipos de base pechan o ano gañando e na parte noble da clasificación. O INFANTIL FEMININO de Adri e Xan gañou a un correoso Baiona "B" por 50-45, logo dunha remontada. O ALEVÍN MIXTO de Manolo gañou a pracer na cancha do Escultor Acuña Nigrán por 4-54.
Unha imaxe dos cadetes en Maristas:

 


Publicado por cbcaselas @ 1:05  | CRONICAS
Mi?rcoles, 17 de diciembre de 2014

Derradeira xornada do ano 2014 para os nosos con partidos moi interesantes. Arriba Caselas!!!!
NOTA: Durante o nadal, os equipos de base participarán en varios torneos. Informaremos aos xogadores cun boletín. 

CATEGORÍA E PARTIDO: LUGAR: DÍA: HORA:

Senior Masc:
PUERTO VIGO - CASELAS

Pavillón Universitario
do Cuvi (Vigo) 
Domingo 21 17:00
Cadete Masc:
NOVOBASKET VIGO - CASELAS

Colexio Maristas (Vigo)

Domingo 21 17:00
saída 15:40 
Infantil Fem:
CASELAS - BAIONA "B"
Pavillón de Salceda  Sábado 20 10:00 

Alevín Mixto:
ESCULTOR ACUÑA - CASELAS 

Colexio Divino Salvador
(Coruxo) 
Sábado 20 12:00
saída 10:30 
Benxamín Mixto:
Non empezou a liga
---- ---- ----
Grazas a: 

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS
HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L.
SUMINISTROS PORRIÑO
TELMO IMPORT
CHOCOLATES ANTOXO
NOREXCA 


Publicado por cbcaselas @ 20:20
Martes, 16 de diciembre de 2014
C.B.CASELAS (44): Pedro 9, Igor 8, Carlos 6, Rober 0, Rubén 4. QUINTETO. Hedber 3, Pablo Cabaleiro 5, Dani 0, Lucas 1, César 8, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 12-16 / 14-22 / 11-15 / 7-27.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Apenas catro decenas de afecionados. O noso xogador Igor Sío levou un forte golpe nun xeonllo no último cuarto o intentar taponar unha entrada dun xogador visitante, tendo que recibir asistencia hospitalaria.

A pesar da superioridade do líder Ureca, o resultado final non reflexa o que realmente ocurriu nun encontro que o Caselas non mereceu perder de tanta diferenza. Si é certo que por Salceda pasou o mellor equipo do grupo, cun plantel con moito oficio, con calidade en todas as posicións e moita altura (véxase o seu pivot Guillermo con 2,08).
Pero os de Carlos Kustrin foron aguantando, con intensidade e concentración, aínda que a veces con máis corazón que cabeza. As diferenzas andaban sobre os 15 puntos cerca do final. Pero ahí, entre o cansancio, a acumulación de faltas, algunhas individualidades e a lesión de Igor, deixaron "fóra de partido" aos de Salceda, propiciando que o Ureca se disparase ata eses 36 puntos de diferenza.
O próximo fin de semana rematamos o ano viaxando a Vigo para xogar contra o segundo clasificado, o Puerto Vigo. 

Categorías Base:
Alegría e partido de infarto para as Infantiles, que na tarde de domingo venceron ao Miralba "A" 29-30. As de Adrián e Xan xa son terceiras.
Os Alevíns perderon en Salceda co líder Salesianos Vigo que nos dominou por completo: 29-78.
Os Cadetes descansaron.

Ánimos!!!
Aproveitamos para desexar o mellor a tres persoas do clube. A Igor para que se recupere moi pronto da lesión. E a dous entrenadores do clube como Iago Suárez e Carlos Kustrin que teñen a súa avoa e nai respectivamente ingresadas. Dende estas liñas o noso apoio e ánimo. 

Publicado por cbcaselas @ 0:19  | CRONICAS
Mi?rcoles, 10 de diciembre de 2014

A sudadeira con capucha do C.B.Caselas xa está lista. Os que a encargástedes, podedes recollela mañá xoves 11.


Publicado por cbcaselas @ 19:48
Mi?rcoles, 03 de diciembre de 2014

Coincidindo coa ponte da Constitución, este fin de semana do 6-7 de decembro non hai liga para ningún equipo do clube.
Tan só debería xogar o senior en Salceda co Rías Baixas, pero foi aprazado a petición dos vigueses e con mutuo acordo. O partido xogarase o 24 de xaneiro de 2015.
Por outro lado, este luns 8 festivo non hai entrenos.

OUTRAS NOVAS:

Sudadeiras do clube.
Segundo nos comunican, hai unha pequena posibilidade de que as sudadeiras do clube estén este fin de semana, pero o máis probable é para martes 9.
Actos de nadal.
Dende a directiva estamos a traballar nunha serie de actos, que como é de costume, faremos en nadal. Informaremos.


Publicado por cbcaselas @ 21:56
Lunes, 01 de diciembre de 2014
C.B.CASELAS (55): Pedro 10, Igor 10, Rober 1, César 10, Oscar 9. QUINTETO. Hedber 6, Dani 0, Carlos 4, Rubén 2, Pablo Taboada 0 e Jorge 3.
Parciais: 12-9 / 10-16 / 14-17 / 16-13.
Incidencias: Colexio Maristas de Vigo.

Como xa avisaramos nesta web, o partido non iba ser fácil, e así foi. Perante o colista da liga -cun equipo moi novo- e nunha cancha reducida onde a victoria "págase" cara, o Caselas tirou de veteranía e oficio para gañar.
O choque foi igualado e con alternativas no marcador. As defensas alternativas de Novobasket facían que os nosos nunca estivesen cómodos, aínda que conseguiamos anotar coa gran aportación e compromiso de todo o grupo, que se repartiu ben o total de puntos. Houbo que esperar ata o derradeiro cuarto, onde os locais conseguiron poñerse por diante, para que o Caselas reaccionase e se levase merecidamente os tres puntos.

Categorías Base:
Os equipos do Caselas e Escola Municipal de Baloncesto competiron moi ben no fin de semana, aínda que non todos tiveron a mesma recompensa. O máis importante é que os afecionados miraron igualadísimos e bós partidos -iso pensamos-.
As Infantiles gañaron no mini derbi ao Porriño "B" por 68-51 nun gran partido.
Os Cadetes competiron dignamente en Nigrán co Airexa, pero perderon 36-32.
Os Alevíns levaron o mando no marcador durante a maioría do tempo, pero no sexto cuarto pagaron o casancio e perderon en Domaio co Defensores do Morrazo por 69-66.


Publicado por cbcaselas @ 23:00  | CRONICAS