Domingo, 28 de diciembre de 2014

Nadal intenso de actividades no clube.

O luns 22 e martes 23 de nadal, todas as nosas categorías base viaxaron a Panxón ao Torneo Solidario de Nadal do C.B.Nigrán. O Caselas xogou con equipos das provincias de Pontevedra, Ourense e Coruña dando unha boa imaxe.

O venres 26 celebramos a tradicional merenda de nadal. A gran familia que formamos reuniuse no Centro Cultural A Devesa onde pasamos un bó rato. A directiva obsequiou aos xogadores con un calendario de parede conmemorativo do 25 aniversario do C.B.Caselas.

O sábado 27 de nadal, o Pavillón de Deportes de Salceda foi escenario do Torneo Solidario de Nadal de Salceda en categoría benxamín. Os máis pequenos invadiron a pista durante toda a tarde, nun torneo onde os catro equipos participantes non competían en liga. Logo das semifinais Caselas-Salvaterra e Monçao-Condado Ponteareas, o Caselas e o Monçao plantábanse na final, que foi gañada polos nosos amigos do país veciño. Salvaterra venceu a Condado na 3º e 4º posto.
Agradecer a grande cantidade de público e xogadores que aportaron o seu alimento. Tamén o grande traballo de xogadores e entrenadores do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda, traballando en labores arbitrales.

Aquí vos quedan unhas fotos:
 
Foto de grupo do Torneo de Nigrán, co Caselas Infantil Feminino en primeiro plano.


Merenda de nadal do C.B.Caselas.

Merenda de nadal do C.B.Caselas: un grupo de infantiles con Xan.

Merenda de nadal do C.B.Caselas: os benxamíns.

Merenda de nadal do C.B.Caselas: xogadores senior e directivos.


Torneo Benxamín de Salceda: os rapaces de Salceda, Salvaterra, Ponteareas e Monçao cos trofeos.
 
Torneo Benxamín de Salceda: excelente traballo de organización de xogadores e entrenadores.
 
Torneo Benxamín de Salceda: o banquiño do Caselas co seu entrenador Iago.
 
Torneo Benxamín de Salceda: final Caselas-Monçao.
 
Torneo Benxamín de Salceda: os nosos xogadores posan co trofeo de subcampións.


Publicado por cbcaselas @ 1:34  | TORNEOS E ACTOS