Martes, 23 de diciembre de 2014
C.B.CASELAS (48): Pedro 11, Carlos 10, Rober 4, Lucas 7 e Rubén 6. QUINTETO. Hedber 4, Dani 0, César 6, Pablo Taboada 0, Oscar 0 e Jorge 0.
Parciais: 21-20 / 29-4 / 12-16 / 12-8.
Incidencias: Derradeiro partido do ano 2014 xogado na tarde de domingo no Pavillón Universitario do CUVI en Vigo.

Un pésimo segundo cuarto -onde encaixamos un parcial de 29-4- acabou coas esperanzas do Caselas, nun encontro, que exceptuando ese periodo, foi igualado. Os locais, segundos clasificados, plantaron unha zona no segundo cuarto que os de Salceda non souberon atacar. Os nosos aínda así non baixaron os brazos, pero a ventaxa era insalvable perante un bó equipo. Sinalar as importantes ausencias de Igor, recuperándose da lesión, e de Pablo Cabaleiro, por motivos laborais. 
Tal vez as ausencias aos entrenamentos estén a pasar factura, pois nas últimas semanas houbo moitas faltas. O equipo debe entrenar para mellorar e seguir estando arriba.
No nadal hai parón de liga. Voltaremos o 10 de xaneiro cun interesante Caselas-Arcade no pavillón de Salceda. Ánimo equipo!!!!!

Categorías Base:
A mesma hora e a escasos quilómetros, concretamente en Maristas Vigo, o CADETE MASCULINO tiña un rival case imposible -o Novobasket- que lidera con moitísima solvencia o grupo. Os de Manolo caeron por 106-28.
Os outros dous equipos de base pechan o ano gañando e na parte noble da clasificación. O INFANTIL FEMININO de Adri e Xan gañou a un correoso Baiona "B" por 50-45, logo dunha remontada. O ALEVÍN MIXTO de Manolo gañou a pracer na cancha do Escultor Acuña Nigrán por 4-54.
Unha imaxe dos cadetes en Maristas:

 


Publicado por cbcaselas @ 1:05  | CRONICAS