Martes, 16 de diciembre de 2014
C.B.CASELAS (44): Pedro 9, Igor 8, Carlos 6, Rober 0, Rubén 4. QUINTETO. Hedber 3, Pablo Cabaleiro 5, Dani 0, Lucas 1, César 8, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 12-16 / 14-22 / 11-15 / 7-27.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Apenas catro decenas de afecionados. O noso xogador Igor Sío levou un forte golpe nun xeonllo no último cuarto o intentar taponar unha entrada dun xogador visitante, tendo que recibir asistencia hospitalaria.

A pesar da superioridade do líder Ureca, o resultado final non reflexa o que realmente ocurriu nun encontro que o Caselas non mereceu perder de tanta diferenza. Si é certo que por Salceda pasou o mellor equipo do grupo, cun plantel con moito oficio, con calidade en todas as posicións e moita altura (véxase o seu pivot Guillermo con 2,08).
Pero os de Carlos Kustrin foron aguantando, con intensidade e concentración, aínda que a veces con máis corazón que cabeza. As diferenzas andaban sobre os 15 puntos cerca do final. Pero ahí, entre o cansancio, a acumulación de faltas, algunhas individualidades e a lesión de Igor, deixaron "fóra de partido" aos de Salceda, propiciando que o Ureca se disparase ata eses 36 puntos de diferenza.
O próximo fin de semana rematamos o ano viaxando a Vigo para xogar contra o segundo clasificado, o Puerto Vigo. 

Categorías Base:
Alegría e partido de infarto para as Infantiles, que na tarde de domingo venceron ao Miralba "A" 29-30. As de Adrián e Xan xa son terceiras.
Os Alevíns perderon en Salceda co líder Salesianos Vigo que nos dominou por completo: 29-78.
Os Cadetes descansaron.

Ánimos!!!
Aproveitamos para desexar o mellor a tres persoas do clube. A Igor para que se recupere moi pronto da lesión. E a dous entrenadores do clube como Iago Suárez e Carlos Kustrin que teñen a súa avoa e nai respectivamente ingresadas. Dende estas liñas o noso apoio e ánimo. 

Publicado por cbcaselas @ 0:19  | CRONICAS