Lunes, 01 de diciembre de 2014
C.B.CASELAS (55): Pedro 10, Igor 10, Rober 1, César 10, Oscar 9. QUINTETO. Hedber 6, Dani 0, Carlos 4, Rubén 2, Pablo Taboada 0 e Jorge 3.
Parciais: 12-9 / 10-16 / 14-17 / 16-13.
Incidencias: Colexio Maristas de Vigo.

Como xa avisaramos nesta web, o partido non iba ser fácil, e así foi. Perante o colista da liga -cun equipo moi novo- e nunha cancha reducida onde a victoria "págase" cara, o Caselas tirou de veteranía e oficio para gañar.
O choque foi igualado e con alternativas no marcador. As defensas alternativas de Novobasket facían que os nosos nunca estivesen cómodos, aínda que conseguiamos anotar coa gran aportación e compromiso de todo o grupo, que se repartiu ben o total de puntos. Houbo que esperar ata o derradeiro cuarto, onde os locais conseguiron poñerse por diante, para que o Caselas reaccionase e se levase merecidamente os tres puntos.

Categorías Base:
Os equipos do Caselas e Escola Municipal de Baloncesto competiron moi ben no fin de semana, aínda que non todos tiveron a mesma recompensa. O máis importante é que os afecionados miraron igualadísimos e bós partidos -iso pensamos-.
As Infantiles gañaron no mini derbi ao Porriño "B" por 68-51 nun gran partido.
Os Cadetes competiron dignamente en Nigrán co Airexa, pero perderon 36-32.
Os Alevíns levaron o mando no marcador durante a maioría do tempo, pero no sexto cuarto pagaron o casancio e perderon en Domaio co Defensores do Morrazo por 69-66.


Publicado por cbcaselas @ 23:00  | CRONICAS