Lunes, 24 de noviembre de 2014
C.B.CASELAS (66): Hedber 2, Pedro 14, Igor 6, Rober 0, Lucas 1. QUINTETO. Carlos 11, César 16, Rubén 4, Pablo Taboada 2, Oscar 8 e Jorge 2.
Parciais: 10-15 / 7-20 / 9-18 / 17-13.
Incidencias: Último partido da primeira volta de liga xogado na matinal de domingo no Pavillón vigués de Balaídos.

O Caselas saiu moi concentrado e resolveu pronto un partido que dominou con ventaxas no marcador que iban aumentando a medida que transcurría o tempo. Os de Carlos Kustrin impuxeron un ritmo de xogo alto perante o veterano Rodaballo, que tratou de parar aos de Salceda alternando defensas individuais con zonais.
No descanso a diferenza era considerable: 17-35, e no terceiro cuarto sellabamos definitivamente a victoria: 26-53.
Destacar a aportación dos homes de banquiño e a implicación de todos nun importante triunfo que nos sitúa terceiros na clasificación con 5 victorias/2 derrotas, empatados cos segundos Puerto de Vigo. 
Na vindeira xornada comeza a segunda volta. Xogamos na pista do Novobasket Vigo, equipo que aínda que vai último, é capaz de calquera cousa, polo que non nos podemos fiar.

Categorías Base:
Victoria do Infantil Feminino en Miralba nun encontro de escaso acerto anotador: Miralba "B" 11 Caselas 26.
O Cadete Masculino, con baixas importantes, competiu con Compañía de María, pero non poido gañar: Caselas 36 Cía María Vigo 50.
Partido de infarto en Alevín Mixto entre Caselas e Andersen. O numeroso público presente no Pavillón de Salceda foi testigo da grandeza deste deporte. O Caselas estivo sen ideas na primeira parte, onde chegou a perder 10-25. Na segunda metade cambiou o guión e os nosos, a base de traballo, conseguían poñerse a un punto a escasos segundos do final: 43-44. Pero xa non había tempo para máis e o partido rematou así.


Publicado por cbcaselas @ 22:41  | CRONICAS
Domingo, 23 de noviembre de 2014

Xa temos postas máis fotos da presentación grazas ao noso amigo Berto, que fixo un gran traballo.
Podedes velas máis abaixo, onde puxemos no seu día a nova "O C.B.Caselas presentouse en sociedade".


Publicado por cbcaselas @ 0:13
Lunes, 17 de noviembre de 2014
C.B.CASELAS (59): Hedber 6, Pedro 17, Igor 17, Rober 2, Lucas 0. QUINTETO. Dani 0, Carlos 8, César 0, Rubén 3, Pablo Taboada 4, Oscar 2 e Jorge 0.
Parciais: 5-15 / 11-12 / 15-12 / 12-20.
Incidencias: Partido correspondente a 5ªxornada que foi aprazado no seu día. Pavillón de Soutomaior, escasísimo público.

Campanada do Caselas perante o colíder da liga nunha cancha onde levabamos anos sen gañar, e onde poucos equipos conseguiron algo positivo. Os de Carlos Kustrin, coa baixa de Pablo Cabaleiro e coa recuperación do lesionado César, estiveron moi disciplinados e serios, basando a victoria nunha sólida defensa que neutralizaba unha e outra vez aos tiradores de Arcade.
O equipo de Salceda colócase na zona alta da táboa. Na próxima xornada nos deprazamos a Vigo a xogar co Rodaballo. Arriba Caselas!!!! 

Pleno na base:
Ao excelente triunfo dos maiores, hai que sumar a gran xornada das categorías base, que gañaron con moita solvencia os seus encontros.
O Alevín Mixto de Manolo venceu ao Baiona "B" por 77-45, con 2 de 2 na clasificación.
O Infantil Feminino de Adri e Xan acadou a primeira victoria ao vencer en Salceda ao IES.Rosais de Vigo por 65-11. O equipo está a espera de recuperar a tres xogadoras lesionadas como Lara, Nicole e Laura Romero, as que desexamos velas moi pronto na cancha.
Por último o Cadete Masculino dirixido provisionalmente por Manolo, desprazábase a Ponteareas no primeiro derbi de base entre os dous equipos na historia. O Caselas, apoiado por un agradecido e numeroso público, venceu por 29-56. Aquí vos quedan unhas imaxes do derbi do Condado:


 

 


Publicado por cbcaselas @ 23:12  | CRONICAS
Domingo, 16 de noviembre de 2014

Nesta semana do 17 de novembro remata o prazo para reservar a sudadeira. Non vos quededes sen ela!


Publicado por cbcaselas @ 21:34
Lunes, 10 de noviembre de 2014

Catro e media da tarde de domingo. A directiva traballa intensamente nos últimos detalles para a festa. Os rapaces inquietos piden balóns, preguntan cando empeza, cando é o concurso, que hai que facer, donde me poño..... A música sona e o pavillón comeza a vestirse de festa cun público que vai poblando as gradas.
Entón, un a un presentados por Fani (grazas compañeira!), desfilan pola pista ao máis puro estilo "all star". Atentos e expectantes, os seus entrenadores; a saber Carlos (senior masc), Manolo (cadete masc e alevín mx), Adrián e Xan (infantil fem) e Iago (benxamín mx). E como non a Directiva, patrocinadores e outros colaboradores do baloncesto local.
No medio de todo, "o canastón". Nadie acertou pero a diversión estivo asegurada.
Para rematar a tarde, e antes do partido senior, celebrouse o concurso de tiro, cos seguintes gañadores:
- Pedro (senior), que venceu na final a Carlos.
- Miguel Pereira (cadete), que venceu a Raúl.
- Gloria (infantil), que venceu a Mireya.
- Cristina (alevín), gañouñe a Irene.
- Pablo (benxamín), vencedor sobre David.
Aquí vos quedan as imaxes:
 


Gañadores do concurso de tiro. De ezquerda a dereita: Pedro, Cristina, Pablo, Gloria e Miguel.
 
 
 
 
Alevín Mixto logo de desfilar.
 
Os benxamíns, alegría pola cancha!!!!
 
 
"O Canastón" animou aos afecionados. Difícil pero non imposible!!!!
  
As infantiles participaron moi activamente na festa.


Publicado por cbcaselas @ 23:41  | TORNEOS E ACTOS


C.B.CASELAS (51): Hedber 0, Pedro 17, Igor 13, Rober 4, Lucas 2. QUINTETO. Pablo Cabaleiro 3, Carlos 2, Dani 0, Rubén 0, Pablo Taboada 0, Oscar 10 e Jorge 0.

Parciais: 12-9 / 12-11 / 18-11 / 9-13.
Incidencias: Partido xogado a continuación do acto de presentación do C.B.Caselas. Sobre 150 afecionados animando constantemente aos nosos. No descanso sorteouse un xamón donado por Bodeguilla Z-9 de Salceda.

Traballada victoria do Caselas nun encontro igualado e disputado ata o terceiro cuarto, onde os de Salceda, con maior ritmo e acerto, abriron brecha: 42-29. Os visitantes, con pivots moi rocosos, cargaban o xogo interior, neutralizado con unha boa defensa do Caselas. Nos minutos finais -a falta de acerto ofensivo- apretamos atrás para levarnos un merecido triunfo.
O partido pese a non ser moi brilante, foi entretenido para os numerosos espectadores, que unha vez máis demostraron estar co equipo.
Na vindeira xornada hai parón na liga. O Caselas aproveitará para xogar o encontro aprazado en Arcade. 

A Base remata unha gran xornada:
Os Cadetes, pese a contar cun inexperto equipo e practicamente sen entrenador, conseguiron a primeira victoria a gañar ao Rías Baixas en Salceda por 54-51 (20-19 ao descanso).
O Alevín Mixto debutaba na liga co Escultor Acuña Nigrán en Salceda. A gran segunda parte nos deu o triunfo por 63-41 (perdiamos 26-29 ao descanso). 


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS
Martes, 04 de noviembre de 2014

Chega un dos actos máis esperados por todos. Este domingo.....todos ao pavillón!!!!! Agradécese máxima difusión.

Presentación oficial
Club Baloncesto Caselas

2014-2015 

PAVILLÓN DE DEPORTES DE SALCEDA - Domingo 9 novembro

5:00 da tarde:  PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS:

SENIOR MASCULINO
CADETE MASCULINO
INFANTIL FEMININO
ALEVÍN MIXTO
BENXAMÍN MIXTO

A continuación, fotos de grupo e de equipos.
Logo, finais do concurso de tiro das categorías base.

7:00 da tarde:  3ªDIVISIÓN SENIOR MASC. GRUPO E:

C.B.CASELAS - VIGO 90'S

Grazas a:  CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS // HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. // TELMO IMPORT // SUMINISTROS PORRIÑO // CHOCOLATES ANTOXO // NOREXCA.
-----------------------------------------------------------------------------
AXENDA 8-9 NOVEMBRO DAS CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: CASELAS - RÍAS BAIXAS
Sábado 8 nov. / 10:00 / Pavillón de Salceda.
Infantil Fem: DESCANSO
Alevín Mixto: CASELAS - ESCULTOR ACUÑA
Sábado 8 nov. / 12:00 / Pavillón de Salceda.

Publicado por cbcaselas @ 0:02  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 03 de noviembre de 2014

Os nosos dous equipos que xogaron neste fin de semana de todos os santos, colleitaron dúas derrotas nos seus deprazamentos a Vigo para enfrontarse ao Apóstol.
O sábado, o Infantil Fem caía por 42-33 e o domingo, o Cadete Masc por 59-42.
A sensación é que poidemos gañar os dous, xa que os rivais eran parellos a nós. Haberá que seguir a traballar.


Publicado por cbcaselas @ 23:32
Domingo, 02 de noviembre de 2014