Lunes, 27 de octubre de 2014

C.B.CASELAS (29): Pedro 7, Igor 0, Rober 4, César 3, Oscar 6. QUINTETO. Hedber 5, Pablo Cabaleiro 0, Carlos 4, Dani 0, Rubén 0, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 9-13 / 8-11 / 7-7 / 5-14.
Incidencias: Pouco público no pavillón de deportes de Salceda, con unha treintena de afecionados.

O resultado final fala por si só nun encontro no que ao Caselas non lle entrou nada en ataque. Os de Carlos Kustrin estiveron ben en defensa, pero facían "auga" unha e outra vez perante a rochosa defensa dos vigueses, que sen estar tampouco acertados, anotaron con máis fluidez.
Os minutos transcurrían e a precipitación ofensiva era maior, con malísima selección de tiro a medida que se achegaba o final.
Este "golpe" ten que servir para reflexionar e levantarnos. O equipo ten capacidade para elo e de iso non o dubidamos. Arriba Caselas!!!!

Categorías Base:
O partido Cadete Masculino xógase este xoves 30 as 19:30 no pavillón de Salceda con Sauces San José.Ç
O partido Infantil Feminino foi suspendido polo Miralba.
O Alevín Mixto xogou un amigable en Baiona cun equipo masculino que nos derrotou amplamente: 78-29. 


Publicado por cbcaselas @ 23:05  | CRONICAS
Lunes, 20 de octubre de 2014
C.B.CASELAS (46): Pedro 5, Igor 12, Rober 7, Lucas 0, Oscar 7. QUINTETO. Hedber 0, Dani 0, Carlos 4, César 4, Rubén 7, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 19-7 / 18-6 / 21-19 / 15-14.
Incidencias: Tarde de sábado no Pavillón do complexo deportivo URECA en Nigrán.

O Caselas atopouse cun completo equipo como o URECA cun plantel moi compensado, xente experta, de calidade e con centímetros, como Guillermo, un pivot de 2,08 que impuxo a súa envergadura baixo taboleiros.
O partido rompeuse rapidamente e quedou sentenciado no descanso: 37-13. Os nosos precipitábanse no tiro perante un rival que non perdoaba. Na segunda metade os de Salceda deron a cara e aguantaron bastante ben deixando un xusto resultado final.

Categorías Base:
Claras derrotas para Cadete Masculino e Infantil Feminino, ambos perante Seis do Nadal "B".
O Alevín Mixto xogou un amigable con Redondela, con victoria por 56-27. 


Publicado por cbcaselas @ 23:44  | CRONICAS
Martes, 14 de octubre de 2014

O C.B.Caselas/E.D.M.Salceda debutará na competición este sábado 18 de outubro visitando a cancha do Seis Nadal Coia "B". O equipo, entrenado de novo por Adrián Salgado e Xan Otero, ten unha mezcla de xogadoras de primeiro e segundo ano.
O Caselas quedou no Grupo E2 de 11 equipos. Xa segunda xornada -o 25 de outubro- será o debut en Salceda co Miralba B de Vigo.

O calendario completo podedes consultalo nesta web, no menú COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS>>>Seleccionar Categoría: 2ªDivisión Infantil Feminina e Liga Regular E2 Vigo. 

C.B.CASELAS E.D.M. INFANTIL FEMININO
Patrocinador: TELMO IMPORT
Xogadora: Idade:
Mireya García 13
Laura Rodríguez 13
Lara Martínez 13
Cristina Pérez 13
Nicole Gallego 12
Raquel Pereira 12
Gloria Suárez 12
Ainhoa Casalmorto 12
Hanna Sánchez 13
Laura Romero 12
Alba López 12

ENTRENADORES: Adrián Salgado (27 anos).
                          Xan Otero (29 anos).


Publicado por cbcaselas @ 23:23

Dúas novas empresas renovan a súa axuda ao C.B.Caselas.

NOREXCA, excavacións e construccións, copatrocinará aos máis peques: o Benxamín Mixto.
CHOCOLATES ANTOXO, fará o mesmo co Alevín Mixto. 

Dende o clube estamos moi agradecidos cos seus compromisos un ano máis.


Publicado por cbcaselas @ 23:07
C.B.CASELAS (62): Pedro 15, Igor 9, Rober 0, Lucas 4, Oscar 4. QUINTETO. Hedber 7, Carlos 8, César 15, Rubén 0, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 18-15 / 12-14 / 16-13 / 11-20.
Incidencias: Tarde de sábado no Pavillón vigués do Berbés.

Nova victoria do Caselas nun encontro duro, con moitas faltas en ambos bandos e onde tocou sufrir. Esta vez os nosos estiveron máis regulares no xogo, resolvendo no periodo final con moitos tiros libres lanzados.
O vindeiro fin de semana, voltamos a xogar fóra, na cancha dun recén descendido de 2ªDivisión, o URECA Nigrán. 

Categorías Base:
Debutaron os Cadetes cun equipo totalmente novo que terá que adaptarse a liga. Os de Isma non tiveron ningunha opción co NovobasketVigo.
O Alevín Mixto xogou un amigable con Porriño B. Os de Manolo venceron de un só punto, 35-34. 


Publicado por cbcaselas @ 0:00  | CRONICAS
Martes, 07 de octubre de 2014
C.B.CASELAS (49): Pedro 11, Igor 7, Rober 6, Lucas 0, Oscar 9. QUINTETO. Hedber 7, Pablo Cabaleiro 0, Carlos 0, César 8, Rubén 1, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 19-14 / 15-12 / 3-16 / 12-6.
Incidencias: Flouxa entrada no Pavillón de Deportes de Salceda para ver o debut do Caselas.

O Caselas demostrou ser un equipo a facer, con moitas caras novas que hai que conxuntar para acadar un maior rendemento. O encontro perante os vigueses -moi rexuvenecidos respecto ao ano pasado- transcurriu con pequenas ventaxas dos nosos, no medio de canastas fáciles e numerosos tiros libres fallados, que nos fixeron sufrir ata o final. O parcial de 3-16 no terceiro cuarto (37-42 no marcador), fixo reaccionar aos de Salceda para levarse a victoria.

Resultados:
Grupo E1: URECA 66 Rías Baixas B 41 / Caselas 49 Novobasket 48 / Arcade 73 Vigo90 55.
Grupo E2: Porriño B 93 Seis Nadal Coia 70 / Rías Baixas A 77 Rías Baixas C 60. 


Publicado por cbcaselas @ 21:26  | CRONICAS