Lunes, 20 de octubre de 2014
C.B.CASELAS (46): Pedro 5, Igor 12, Rober 7, Lucas 0, Oscar 7. QUINTETO. Hedber 0, Dani 0, Carlos 4, César 4, Rubén 7, Pablo Taboada 0 e Jorge 0.
Parciais: 19-7 / 18-6 / 21-19 / 15-14.
Incidencias: Tarde de sábado no Pavillón do complexo deportivo URECA en Nigrán.

O Caselas atopouse cun completo equipo como o URECA cun plantel moi compensado, xente experta, de calidade e con centímetros, como Guillermo, un pivot de 2,08 que impuxo a súa envergadura baixo taboleiros.
O partido rompeuse rapidamente e quedou sentenciado no descanso: 37-13. Os nosos precipitábanse no tiro perante un rival que non perdoaba. Na segunda metade os de Salceda deron a cara e aguantaron bastante ben deixando un xusto resultado final.

Categorías Base:
Claras derrotas para Cadete Masculino e Infantil Feminino, ambos perante Seis do Nadal "B".
O Alevín Mixto xogou un amigable con Redondela, con victoria por 56-27. 


Publicado por cbcaselas @ 23:44  | CRONICAS