Martes, 30 de septiembre de 2014

1, 2, 3...comeza a competición!!!
Senior e Cadete Masculinos do C.B.Caselas inician este fin de semana do 4 de outubro unha nova campaña.

SENIOR MASCULINO:

Cinco novidades no plantel adestrado un ano máis por Carlos Kustrin. Destaca a volta -logo dunha temporada en blanco- de César Dacosta. O resto das incorporacións son as de Hedber Otero, Jorge González, Daniel Alonso e Pablo Taboada, catro xogadores que aínda que non competiron o ano pasado, sí teñen experiencia en diferentes equipos como Porriño.
O groso do equipo son os oito xogadores que continúan, mostrando o seu compromiso co clube: Pedro Larrañaga, Pablo Cabaleiro, Igor Sío, Carlos Vicente, Rober Alvarez, Lucas Caruncho, Rubén Rodríguez e Oscar Docampo.
Os obxectivos son os de aspirar ao máximo posible, sen renunciar a nada.
Calendario 3ªDivisión Masculino:
O Caselas quedou no Grupo E1 de 8 equipos. Debutaremos este sábado 4 de outubro as 6 da tarde no Pavillón de Salceda co Novobasket Vigo. Os dous primeiros clasificados xogarán o play off polo título cos do Grupo E2.
O calendario completo podedes consultalo nesta web, no menú COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS>>>Seleccionar Categoría: 3ªDivisión Masculina e Liga Regular E1 Vigo.

C.B.CASELAS SENIOR MASCULINO
Patrocinador: HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. (Salceda) 
Nº: Xogador: Idade: Posición:
4 Hedber Otero 26 pivot
5 Pedro Larrañaga 35 base
6 Pablo Cabaleiro 20 ala pivot
7 Igor Sío 24 ala
8 Carlos Vicente 43 ala pivot
10 Roberto Alvarez 24 pivot
11 Lucas Caruncho 21 escolta
12 César Dacosta 33 ala
13 Rubén Rodríguez 36 base
14 Pablo Taboada 36 escolta
15 Óscar Docampo 36 ala pivot
16 Jorge González 26 ala
17 Daniel Sousa 26 base
ENTRENADOR: Carlos Kustrin (69 anos).

CADETE MASCULINO:

Debido a gran cantidade de baixas con respecto ao ano pasado (por pasar de idade ou cambios de equipo), o plantel presenta moitas caras novas, que terán que traballar para alcanzar un bó nivel. Hai dous infantiles como son Miguel Sánchez e Gabriel Cruz. Para levar o grupo, o clube fichou un entrenador con experiencia como é Ismael Sández, procedente do C.B.Tui.
Os obxectivos son os de aprender e mellorar día a día nun clima de bó ambiente, sen primar por riba de todo os resultados. Ánimo rapaces!!!
Calendario 2ªDivisión Masculino:
O Caselas quedou no Grupo E2 de 9 equipos. Na primeira xornada deste sábado 4 de outubro, descansaremos. Na segunda xornada -o 11 de outubro- será o debut en Salceda co Novobasket Vigo.
O calendario completo podedes consultalo nesta web, no menú COMPETICIÓN>>>COMPETICIÓN DOS NOSOS EQUIPOS>>>Seleccionar Categoría: 2ªDivisión Cadete Masculina e Liga Regular E2 Vigo. 

C.B.CASELAS E.D.M. CADETE MASCULINO
Patrocinador: SUMINISTROS PORRIÑO 
Xogador: Idade:
Miguel Pereira 15
Miguel Sánchez 12
Cristian Fernández 14
Raúl Saad 14
Pablo Rodríguez 14
Pablo Vaqueiro 14
Aarón Sío 15
Jorge Sierra 14
Hugo Lorenzo 13
Gabriel Cruz 13
ENTRENADOR: Ismael Sández (38 anos).

Publicado por cbcaselas @ 0:08
Domingo, 28 de septiembre de 2014

Pouco a pouco a Directiva do C.B.Caselas vai pechando patrocinadores, e así, tres empresas renovaron a súa confianza en nós.

HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, a correduría de seguros, situada na Praza do Concello de Salceda, continuará a patrocinar ao Senior Masculino.

SUMINISTROS PORRIÑO, situado no Polígono da Granxa en Porriño, continuará co Cadete Masculino.

TELMO IMPORT, distribuidor oficial MOVISTAR, con sede en Salceda e tendas en varias vilas da comarca, fará o mesmo co noso equipo Infantil Feminino.

A todas elas, o noso máis sinceiro recoñecemento.
A Directiva continúa traballando para pechar máis axudas, necesarias para o mantemento de toda a estructura.


Publicado por cbcaselas @ 14:05
Lunes, 22 de septiembre de 2014

FESTA DE MINIBASQUET

Xoves 25 setembro ás 4:30 da tarde
Pistas Polideportivas de Altamira (detrás do Pavillón)
SALCEDA DE CASELAS

Xogos, concursos, partidos.....
Ven a divertirte cos teus amigos !!!

Para nenos e nenas de educación primaria.
Persoal titulado do Club Baloncesto Caselas.
Gratuíto e non fai falla anotarse.

Organizan:
CLUB BALONCESTO CASELAS / CONCELLERÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE SALCEDA.

Publicado por cbcaselas @ 23:23  | TORNEOS E ACTOS