Domingo, 28 de septiembre de 2014

Pouco a pouco a Directiva do C.B.Caselas vai pechando patrocinadores, e así, tres empresas renovaron a súa confianza en nós.

HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, a correduría de seguros, situada na Praza do Concello de Salceda, continuará a patrocinar ao Senior Masculino.

SUMINISTROS PORRIÑO, situado no Polígono da Granxa en Porriño, continuará co Cadete Masculino.

TELMO IMPORT, distribuidor oficial MOVISTAR, con sede en Salceda e tendas en varias vilas da comarca, fará o mesmo co noso equipo Infantil Feminino.

A todas elas, o noso máis sinceiro recoñecemento.
A Directiva continúa traballando para pechar máis axudas, necesarias para o mantemento de toda a estructura.


Publicado por cbcaselas @ 14:05