Jueves, 03 de julio de 2014

SENIOR MASCULINO

1ªFASE: 3ªDIVISIÓN AUTONÓMICA GR.E:
6º clasificado de 12 equipos  ///  11 victorias-11 derrotas.
COPA PRIMAVERA GR.A:
2º clasificado de 6 equipos  ///  4 victorias-1 derrota.
TOTAL TEMPORADA: 15 victorias-12 derrotas.
A temporada, en liñas xerais, foi boa, pero nos queda a sensación de que poidemos chegar moito máis alto. O equipo competiu en case todos os partidos, con momentos de moi bó baloncesto, e tivo opcións de entrar na fase de ascenso ata ben entrada a segunda volta. Aquí pagou a falta de banquillo e a ausencia de varios xogadores. Fíxose unha gran Copa, pero fallouse no partido decisivo que daba o pase a final co Rías Baixas (aínda que "máis que se fallou", a sorte non estivo do noso lado, pois os dous equipos merecían chegar á final). Gran compromiso e actitude dos xogadores que chegaron ata o remate da temporada.

CADETE MASCULINO

1ªFASE: 2ªDIVISIÓN AUTONÓMICA GR.E-1:
7º clasificado de 8 equipos  ///  3 victorias-11 derrotas.
2ªFASE: POSTOS 13-16:
13º clasificado de 16 equipos en total  ///  3 victorias-1 derrota.
COPA PRIMAVERA GR.B:
5º clasificado de 5 equipos  ///  0 victorias-4 derrotas.
TOTAL TEMPORADA: 6 victorias-16 derrotas.
Temporada moi irregular para os cadetes nunha competición con moitas diferenzas físicas, técnicas e de idade entre os participantes. Os de Salceda, con varios infantiles no plantel, alternaron partidos igualados con outros nos que foron apabullados polo rival. Debemos traballar moito de cara o futuro, pois este equipo (salvo 3 xogadores que pasan a junior) continuará a vindeira temporada na categoría cadete.

CADETE FEMININO

1ªFASE: 2ªDIVISIÓN AUTONÓMICA GR.E:
8º clasificado de 9 equipos  /// 2 victorias-14 derrotas.
COPA PRIMAVERA GR.B:
4º clasificado de 4 equipos  /// 0 victorias-3 derrotas.
TOTAL TEMPORADA: 2 victorias-17 derrotas.
É imposible competir e gañar partidos coa plaga de lesións que sufriu este equipo, nun plantel xa curto de por sí. Así se explica a decepcionante temporada que fixeron este grupo de xogadoras que sempre deron moitísimas alegrías ao clube e pobo de Salceda. Comenzaron bastante ben, pero foron baixando a partir da segunda volta, chegando a quedarse cun plantel de 4 xogadoras. Menos mal que as infantiles (todas de primeiro ano) axudaron.

INFANTIL FEMININO

1ªFASE: 2ªDIVISIÓN AUTONÓMICA GR.E-2:
6º clasificado de 8 equipos  /// 4 victorias-10 derrotas.
2ªFASE: POSTOS 9-12:
12º clasificado de 15 equipos en total  /// 1 victoria-5 derrotas.
COPA PRIMAVERA GR.B:
4º clasificado de 5 equipos  /// 1 victoria-3 derrotas.
TOTAL TEMPORADA: 6 victorias-18 derrotas.
A pesar do que digan as cifras, o balance do equipo infantil é moi positivo. Trátase dun equipo curto, o máis baixo en estatura da liga, con todas as xogadoras de primeiro ano que veñen de minibasket -menos unha-. Perderon as dúas pivots con respecto ao equipo do ano pasado, pero supliron as carencias con loita, entrega e compromiso. Competiron na maioría dos partidos e mereceron algunha victoria máis. Pero o principal é que aprenderon e evolucionaron de cara ao próximo ano na mesma categoría.

ALEVÍN MIXTO

1ªFASE: ZONAL GR.2:
3º clasificado de 7 equipos  ///  7 victorias-5 derrotas.
2ªFASE: Postos 5-8:
7º clasificado de 13 equipos en total  ///  2 victorias-2 derrotas.
TOTAL TEMPORADA: 9 victorias-7 derrotas.
Un dos mellores equipos do clube. A punto estiveron de colarse na 2ªfase polo título de liga. Competiron en todos os partidos e poideron gañar máis. Claro que falamos dun plantel con moitas rotacións, que lle deu frescura ao equipo sobre todo no tramo final. Equipo moi loitador, con moitos xogadores/as que se iniciaban no mundo da canasta. Xogaron varios torneos acadando bós resultados.

BENXAMÍN MIXTO

1ªFASE: ZONAL GR.1:
6º clasificado de 7 equipos  ///  1 victoria-11 derrotas.
2ªFASE: Postos 9-14:
13º clasificado de 14 equipos en total  ///  1 victoria-4 derrotas.
TOTAL TEMPORADA: 2 victorias-15 derrotas.
Plantel que xogaba a baloncesto por primeira vez a maioría, e que tivo como fin divertirse e engancharse, para no futuro traballar máis duro. Varios xogadores aínda prebenxamíns. Ao igual que os alevíns, participaron en diversos torneos.


E agora a reflexionar e traballar de cara a vindeira campaña. Nos vemos!!!!


Publicado por cbcaselas @ 16:53