Lunes, 16 de junio de 2014

Informamos que os equipos que aínda están entrenando, terán a última sesión de entreno este xoves 19 de xuño.
A temporada 2014-2015 será a do 25 aniversario do clube. Comezaremos os entrenos sobre finais de agosto ou principios de setembro, según os equipos. Todos tedes a obriga de enterarvos. O clube informará pola web e por cartelería no pavillón.

Entrega de equipaxes:
Todos os xogadores deben entregar durante xuño o seu equipaxe de xogo (só camiseta e pantalón). Entregar a calquera membro da directiva ou na oficina municipal de deportes no pavillón. É importante que o fagades, pois debemos clasificar todo, e sodes moitos no clube. 

Xornada de portas abertas:
Recordamos que luns 16 e xoves 19 de xuño as 4:30 da tarde no pavillón son xornadas de portas abertas para xogadores/as de educación primaria. Pode vir que queira a probar gratuítamente. Animádeos!!

Final da Liga ACB:
Unha nova e clásica final R.Madrid-Barcelona que podedes seguir en TV:
- Xoves 19 / 21:30 / Teledeporte: MADRID-BARCA
- Sábado 21 / 22:00 / La1: MADRID-BARCA
- Martes 24 / 19:15 / La1: BARCA-MADRID
- Xoves 26 / 19:15 / La1: BARCA-MADRID
- Sábado 28 / 22:00 / La1: MADRID-BARCA


Publicado por cbcaselas @ 23:18
Mi?rcoles, 11 de junio de 2014


Os tres equipos participantes ao remate do torneo.

A primeira hora da tarde saltaban á cancha o C.B.Caselas e o Porriño B.B., con triunfo para as nosas por 36-31.
A continuación o C.B.Baiona non tiña problemas para gañar a Porriño B.B. por 56-24.
Xa no partido definitivo, o C.B.Baiona proclamouse campeón desta primeira edición ao vencer no partido definitivo ao C.B.Caselas por 48-54, nun encontro emocionante e moi bonito, que se resolveu nos derradeiros minutos.
O Pavillón de Deportes de Salceda presentou un moi bó ambiente ao longo de toda a tarde, nun torneo que foi un éxito.
Ao remate procedeuse a entrega de trofeos, coa presencia de Marina Cabaleiro (concelleira de deportes), Jose Luis González (concelleiro de facenda, persoal e tráfico) e Emma Martínez (directiva do C.B.Caselas).




Publicado por cbcaselas @ 22:41  | TORNEOS E ACTOS
S?bado, 07 de junio de 2014

Máis de 12 horas de baloncesto, xogos, concursos e convivencia para os nosos dous equipos minis -alevín feminino e alevín mixto- que se desprazaron a Santiago o pasado sábado 31 de maio. Qué ben o pasamos no Caselas !!!!!  Aquí vos quedan unhas fotos.
P.D. Nos próximos días teredes a información do I Torneo Villa de Salceda Infantil Feminino.
 
 
 
 






 


Publicado por cbcaselas @ 23:15  | TORNEOS E ACTOS
Mi?rcoles, 04 de junio de 2014
Martes, 03 de junio de 2014


As defensas foron moi intensas todo o partido.

C.B.Caselas 65: Pedro 14, Carlos 13, Igor 6, Rubén 9 e Óscar 17. QUINTETO. Pablo 1, Rober 4 e Lucas 1.
Parciais: 12-18 / 14-9 / 15-23 / 24-17.
Incidencias: Excelente ambiente na tarde de domingo no Pavillón de Salceda. Máis de 100 persoas volcadas co Caselas. Varios afecionados visitantes.

Caselas e Rías Baixas regalaron ao público un encontro intenso e moi bonito, de máis calidade e emoción a medida que transcurrían os minutos, e que caeu nos derradeiros segundos do lado do equipo que máis acertado estivo.
A primeira parte foi de poucos puntos -aínda que non exenta de emoción-, cos vigueses levando o mando no marcador, pero co Caselas abortando calquera intento de escapada.
Na segunda parte -coincidindo coa entrada na cancha por primeira vez de Pablo e a defensa presionante visitante- o Rías da un novo "arreón": 38-50 a pouco do remate do terceiro cuarto. Pero a actitude e entrega deste grupo de xogadores do Caselas está fóra de toda duda. Dúas triplas de Oscar e Carlos ao inicio do periodo final, daban paso á remontada dos de Carlos Kustrin, que se poñían por diante a pouco do remate, axudados por un público sinxelamente espectacular.
O derradeiro minuto foi un mundo: 65-64 a falla 45 segundos, e 65-66 a falta de 30. Pero no noso ataque o balón non quixo entrar por dúas veces e cometemos falta a falla de 6 segundos. Nos tiros libres eles anotan un, para deixar o 65-67 final. A sorte caeu do lado visitante (dignísimo rival), pero a imaxe do Caselas foi sobresainte no partido que pechaba a temporada. Felicidades rapaces!
 

Agradecemento a afición.
A afición de Salceda respondeu a un gran partido. Faltou a guinda, pero nos queda a satisfacción de ver un gran partido de baloncesto. O público local non parou de animar, especialmente nos momentos máis difíciles, e soubo demostrar que está co Caselas cando se necesita. Moitas grazas afición!!!

CATEGORÍAS BASE:
Rematou tamén a temporada o Infantil Feminino de Adrián e Xan. Cun equipo plagado de baixas e con só 6 xogadoras, as de Salceda perderon no pavillón por 35-53 co Seis do Nadal "B". A pesar do que poida parecer polo marcador, o Caselas xogou ben, cedendo en momentos puntuais perante un equipo superior en número.
I TORNEO VILLA DE SALCEDA INFANTIL FEMININO:
Neste días presentaremos este Torneo triangular a disputar no Pavillón de Salceda o vindeiro sábado 7 de xuño coa presenza do Caselas, Porriño "B" e Baiona "B".
OS MINIS A TOPE EN SANTIAGO:
Tamén poñeremos imaxes da festa dos minis en Santiago, nun día a tope para os rapaces. Informaremos! 


Publicado por cbcaselas @ 0:36  | CRONICAS