Mi?rcoles, 11 de junio de 2014


Os tres equipos participantes ao remate do torneo.

A primeira hora da tarde saltaban á cancha o C.B.Caselas e o Porriño B.B., con triunfo para as nosas por 36-31.
A continuación o C.B.Baiona non tiña problemas para gañar a Porriño B.B. por 56-24.
Xa no partido definitivo, o C.B.Baiona proclamouse campeón desta primeira edición ao vencer no partido definitivo ao C.B.Caselas por 48-54, nun encontro emocionante e moi bonito, que se resolveu nos derradeiros minutos.
O Pavillón de Deportes de Salceda presentou un moi bó ambiente ao longo de toda a tarde, nun torneo que foi un éxito.
Ao remate procedeuse a entrega de trofeos, coa presencia de Marina Cabaleiro (concelleira de deportes), Jose Luis González (concelleiro de facenda, persoal e tráfico) e Emma Martínez (directiva do C.B.Caselas).




Publicado por cbcaselas @ 22:41  | TORNEOS E ACTOS