Martes, 03 de junio de 2014


As defensas foron moi intensas todo o partido.

C.B.Caselas 65: Pedro 14, Carlos 13, Igor 6, Rubén 9 e Óscar 17. QUINTETO. Pablo 1, Rober 4 e Lucas 1.
Parciais: 12-18 / 14-9 / 15-23 / 24-17.
Incidencias: Excelente ambiente na tarde de domingo no Pavillón de Salceda. Máis de 100 persoas volcadas co Caselas. Varios afecionados visitantes.

Caselas e Rías Baixas regalaron ao público un encontro intenso e moi bonito, de máis calidade e emoción a medida que transcurrían os minutos, e que caeu nos derradeiros segundos do lado do equipo que máis acertado estivo.
A primeira parte foi de poucos puntos -aínda que non exenta de emoción-, cos vigueses levando o mando no marcador, pero co Caselas abortando calquera intento de escapada.
Na segunda parte -coincidindo coa entrada na cancha por primeira vez de Pablo e a defensa presionante visitante- o Rías da un novo "arreón": 38-50 a pouco do remate do terceiro cuarto. Pero a actitude e entrega deste grupo de xogadores do Caselas está fóra de toda duda. Dúas triplas de Oscar e Carlos ao inicio do periodo final, daban paso á remontada dos de Carlos Kustrin, que se poñían por diante a pouco do remate, axudados por un público sinxelamente espectacular.
O derradeiro minuto foi un mundo: 65-64 a falla 45 segundos, e 65-66 a falta de 30. Pero no noso ataque o balón non quixo entrar por dúas veces e cometemos falta a falla de 6 segundos. Nos tiros libres eles anotan un, para deixar o 65-67 final. A sorte caeu do lado visitante (dignísimo rival), pero a imaxe do Caselas foi sobresainte no partido que pechaba a temporada. Felicidades rapaces!
 

Agradecemento a afición.
A afición de Salceda respondeu a un gran partido. Faltou a guinda, pero nos queda a satisfacción de ver un gran partido de baloncesto. O público local non parou de animar, especialmente nos momentos máis difíciles, e soubo demostrar que está co Caselas cando se necesita. Moitas grazas afición!!!

CATEGORÍAS BASE:
Rematou tamén a temporada o Infantil Feminino de Adrián e Xan. Cun equipo plagado de baixas e con só 6 xogadoras, as de Salceda perderon no pavillón por 35-53 co Seis do Nadal "B". A pesar do que poida parecer polo marcador, o Caselas xogou ben, cedendo en momentos puntuais perante un equipo superior en número.
I TORNEO VILLA DE SALCEDA INFANTIL FEMININO:
Neste días presentaremos este Torneo triangular a disputar no Pavillón de Salceda o vindeiro sábado 7 de xuño coa presenza do Caselas, Porriño "B" e Baiona "B".
OS MINIS A TOPE EN SANTIAGO:
Tamén poñeremos imaxes da festa dos minis en Santiago, nun día a tope para os rapaces. Informaremos! 


Publicado por cbcaselas @ 0:36  | CRONICAS