Mi?rcoles, 28 de mayo de 2014

Neste fin de semana o C.B.Caselas senior xógase o pase a Final de Copa Primavera. Recibe en Salceda ao Rías Baixas, que marcha imbatido con nós neste Grupo A con 4 victorias. Ou sexa, que o gañador (primeiro de grupo) vai á Final. Dende o clube faise un chamamento ao público.
Pero tamén os Minis teñen unha importante cita no "Día do Minibasquet" en Santiago de Compostela. E as Infantiles que rematan a Copa Primavera, xa sen opcións.

SENIOR MASC. - 5ªXORN. COPA PRIMAVERA
C.B.CASELAS - RÍAS BAIXAS DE VIGO
Pavillón de Salceda - Domingo 1 xuño ás 7 da tarde.
O TEU ÁNIMO É FUNDAMENTAL !!!! 

INFANTIL FEM. - COPA PRIMAVERA
C.B.CASELAS - SEIS DO NADAL "B"
Pavillón de Salceda - Domingo 1 xuño ás 12:00h. 

DÍA AUTONÓMICO DO MINIBASQUET
Equipos Alevín Feminino e Alevín Mixto do C.B.Caselas/E.D.M.Salceda.
Pavillón Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela) - Sábado 31 maio.
Saída en bus dende o Pavillón de Salceda: as 7:50h. Chegada ao mesmo lugar: sobre as 21:15h.
Partidos Alevín Fem:
10:15.Caselas-Pío XXI Fedesa (Santiago)   14:45.Peleteiro (Santiago)-Caselas
Partidos Alevín Mixto:
11:00.Caselas-Inmaculada (Santiago)   15:30.Caselas-Tirso de Molina (Ferrol)


Publicado por cbcaselas @ 18:41
Martes, 27 de mayo de 2014


Igor lanza a canasta no partido co Estudiantes.

C.B.Caselas 53: Pedro 18, Carlos 2, Igor 8, Rubén 4 e Óscar 14. QUINTETO. Pablo 4, Rober 3 e Lucas 0.
Parciais: 14-15 / 12-13 / 17-11 / 10-6.
Incidencias: Partido correspondente a segunda xornada de Copa que foi aprazado no seu día. Preto de 40 persoas no Pavillón de Salceda. Primeira vez na historia que se enfrontan estes dous equipos. O xogador local Pablo incorporouse ao partido na segunda metade por motivos laborais.

O Caselas nunca se atopou cómodo perante a defensa zonal pontevedresa, con pouco acerto anotador -tal vez mala selección de tiro?-, e marcador desfavorable no descanso: 26-28. Claro que os visitantes tampouco estiveron moi acertados, e iso fixo manter a igualdade durante moito tempo. Na segunda metade a entrada de Pablo deulle máis garra, e sobre todo rebote aos nosos, que enseguida colleron pequenas ventaxas. Así, os de Carlos Kustrin, con coraxe e orde, leváronse o partido perante un rival ordenado.

Partido decisivo o domingo 1 de xuño:
O Caselas está a unha victoria de chegar a Final de Copa Primavera. Pero para iso debe gañar o domingo 1 de xuño as 7 da tarde en Salceda ao Rías Baixas, equipo que está empatado con nós neste Grupo A con 4 victorias e ningunha derrota. O partido é moi, moi difícil, polo que se pide o apoio do público.

Dúas imaxes dos partidos do sábado en Salceda. Arriba as Infantiles no partido perante Porriño B. Abaixo o Alevín Mixto perante Salesianos.


CATEGORÍAS BASE:
Os Benxamíns e Alevíns remataron a liga este sábado. Agora tan só queda por facelo o Infantil Feminino, que ten un partido pendente de Copa co Seis do Nadal "B".
O Infantil Feminino recibía en Salceda ao Porriño "B". Logo dun encontro igualdado, as rapazas de Adrián e Xan fixeron un gran periodo final para vencer 49-32.
O Alevín Mixto xogaba o partido de volta polos postos 7º-8º co Salesianos Vigo. Os 23 puntos de renta do partido de ida en Vigo non nos podían confiar. As rapazas/es de Manolo fixeron un gran traballo para vencer por 61-35.
O Benxamín Mixto comezou ben perante do Divino Salvador Airexa, pero foise diluíndo pouco a pouco e perdeu 16-34.


Publicado por cbcaselas @ 0:01  | CRONICAS
Mi?rcoles, 21 de mayo de 2014

Neste fin de semana rematan todas as competicións 2013/2014 das categorías base, con moitos partidos no Pavillón de Salceda para pasar un bó rato. E o Senior, con opcións de estar na final de Copa, recibe ao Estudiantes Pontevedra. A que esperades....!!!!

Senior Masc

CASELAS -
ESTUD. PONTEVEDRA 

Pavillón de Salceda Sábado 24 18:00
Cadete Masc

(Fin de Copa)

------

------ ------
Cadete Fem

(Fin de Copa)

------

------

------

Infantil Fem

CASELAS -
PORRIÑO "B" 

Pavillón de Salceda

Sábado 24

10:00

Alevín Mixto CASELAS -
SALESIANOS VIGO 
Pavillón de Salceda Sábado 24 16:00 
Benxamín Mixto

CASELAS -
DIV. SALV. AIREXA
 

COLEX.MARIANO -
CASELAS 

Pavillón de Salceda



Cole.Mariano Vigo

Sábado 24



Domingo25

12:00


10:00
saída8:50


Publicado por cbcaselas @ 20:01
Lunes, 19 de mayo de 2014


Na imaxe superior, Igor tenta pasar o balón pechado por dous xogadores de S.José.
Abaixo, o noso base Pedro ordena o ataque salcedense.

C.B.Caselas 57: Pedro 12, Igor 13, Carlos 9, Rubén 8 e Óscar 11. QUINTETO. Rober 4 e Lucas 0.
Parciais: 10-20 / 13-13 / 16-10 / 9-14.
Incidencias: Colexio San José de La Guía, en Vigo. Pouco público.

Presentábase o Caselas con importantes baixas nunha cancha pequena e difícil, perante un equipo de 4ªdivisión da zona alta.
O partido non foi fácil, e os nosos fixeron un xogo moi traballado, especialmente para saír da forte presión defensiva dos locais, cando estes miraban que o Caselas se iba pouco a pouco no electrónico. Os xogadores de Carlos Kustrin, sen facer un gran encontro, xogaron con intelixencia, mantendo ventaxas de arredor de 10 puntos durante case todo o tempo.
O vindeiro sábado día 24 xogaremos o partido aprazado co Estudiantes de Pontevedra. Será no Pavillón de Salceda as 6 da tarde.

CATEGORÍAS BASE:
Pouco a pouco as competicións van queimando os últimos cartuchos. Só xogaron as rapazas Infantiles, que pagaron un mal primeiro tempo en Baiona, con canastas moi fáciles falladas, para caer por 44-35. A reacción e esforzo final das xogadoras de Salceda non foi suficiente perante un rival moi parello ao noso.
Os Benxamíns non xogaron ao ser aprazado o seu partido a petición do Divino Salvador Airexa.


Publicado por cbcaselas @ 23:47  | CRONICAS
Domingo, 18 de mayo de 2014

Con un pouco de retraso, aquí están as fotos (agradecer a Víctor que nolas pasou) do Torneo Benxamín de Salvaterra de Miño, celebrado o pasado 3 de maio coa participación do Caselas, Salvaterra e Ponteareas.
 
Acto de entrega de medallas cos tres equipos xuntos.
 
Equipos do Caselas e de Salvaterra.
 
Equipos de Ponteareas e do Caselas. 


Publicado por cbcaselas @ 0:16  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 13 de mayo de 2014
C.B.Caselas 47: Pedro 11, Igor 10, Carlos 8, Rubén 6 e Óscar 8. QUINTETO. Rober 4 e Lucas 0.
Parciais: 16-11 / 16-14 / 10-10 / 5-10.
Incidencias: A máis frouxa entrada da temporada no Pavillón de Salceda, con dúas docenas de afecionados nunha tarde de domingo de calor.

O Caselas, coa importante baixa de Pablo, levou o mando no marcador dende o minuto un ata o cuarenta, pero un mal último cuarto estivo a punto de costarlle a derrota. O partido caracterizouse polo escaso acerto anotador de ambos equipos e polo pouco xogo. Nos minutos finais, o Caselas desperdiciou unha ventaxa de 10 puntos para chegar aos derradeiros segundos co 47-45. O Mos tivo o lanzamento final para empatar, pero o balón non quixo entrar.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: CASELAS 32 SEIS DO NADAL 90
Cadete Fem: CASELAS 27 BAIONA 64
Infantil Fem: SALESIANOS VIGO 74 CASELAS 23
Alevín Mixto: SALESIANOS VIGO 17 CASELAS 40
Benxamín Mixto: TUI "B" 44 CASELAS 23


Publicado por cbcaselas @ 0:17  | CRONICAS
Martes, 06 de mayo de 2014

A maioría dos equipos non xogaron nesta ponte do 1 de maio e o Senior e Infantil Feminino aprazaron os encontros.
O Cadete Masculino pagou un pésimo primeiro cuarto (15-2 no marcador), para caer por 54-41 en Baiona na Copa Primavera.
CB.Caselas EDM (41): Bruno 9, Miguel 5, Carlos 9, Jose 10 e Cristian 0. QUINTETO. Pablo 0, César 6 e Rubén 2.
Os peques Benxamíns xogaron na veciña Salvaterra un Torneo Triangular. Perderon con Salvaterra dun só punto nun emocionantísimo encontro e logo con Ponteareas de maior diferenza. Os xogadores de Natalia engaden unha nova experiencia a súa curta carreira baloncestística. Grazas ao ADA Salvaterra pola súa invitación.


Publicado por cbcaselas @ 20:01