Martes, 27 de mayo de 2014


Igor lanza a canasta no partido co Estudiantes.

C.B.Caselas 53: Pedro 18, Carlos 2, Igor 8, Rubén 4 e Óscar 14. QUINTETO. Pablo 4, Rober 3 e Lucas 0.
Parciais: 14-15 / 12-13 / 17-11 / 10-6.
Incidencias: Partido correspondente a segunda xornada de Copa que foi aprazado no seu día. Preto de 40 persoas no Pavillón de Salceda. Primeira vez na historia que se enfrontan estes dous equipos. O xogador local Pablo incorporouse ao partido na segunda metade por motivos laborais.

O Caselas nunca se atopou cómodo perante a defensa zonal pontevedresa, con pouco acerto anotador -tal vez mala selección de tiro?-, e marcador desfavorable no descanso: 26-28. Claro que os visitantes tampouco estiveron moi acertados, e iso fixo manter a igualdade durante moito tempo. Na segunda metade a entrada de Pablo deulle máis garra, e sobre todo rebote aos nosos, que enseguida colleron pequenas ventaxas. Así, os de Carlos Kustrin, con coraxe e orde, leváronse o partido perante un rival ordenado.

Partido decisivo o domingo 1 de xuño:
O Caselas está a unha victoria de chegar a Final de Copa Primavera. Pero para iso debe gañar o domingo 1 de xuño as 7 da tarde en Salceda ao Rías Baixas, equipo que está empatado con nós neste Grupo A con 4 victorias e ningunha derrota. O partido é moi, moi difícil, polo que se pide o apoio do público.

Dúas imaxes dos partidos do sábado en Salceda. Arriba as Infantiles no partido perante Porriño B. Abaixo o Alevín Mixto perante Salesianos.


CATEGORÍAS BASE:
Os Benxamíns e Alevíns remataron a liga este sábado. Agora tan só queda por facelo o Infantil Feminino, que ten un partido pendente de Copa co Seis do Nadal "B".
O Infantil Feminino recibía en Salceda ao Porriño "B". Logo dun encontro igualdado, as rapazas de Adrián e Xan fixeron un gran periodo final para vencer 49-32.
O Alevín Mixto xogaba o partido de volta polos postos 7º-8º co Salesianos Vigo. Os 23 puntos de renta do partido de ida en Vigo non nos podían confiar. As rapazas/es de Manolo fixeron un gran traballo para vencer por 61-35.
O Benxamín Mixto comezou ben perante do Divino Salvador Airexa, pero foise diluíndo pouco a pouco e perdeu 16-34.


Publicado por cbcaselas @ 0:01  | CRONICAS