Lunes, 19 de mayo de 2014


Na imaxe superior, Igor tenta pasar o balón pechado por dous xogadores de S.José.
Abaixo, o noso base Pedro ordena o ataque salcedense.

C.B.Caselas 57: Pedro 12, Igor 13, Carlos 9, Rubén 8 e Óscar 11. QUINTETO. Rober 4 e Lucas 0.
Parciais: 10-20 / 13-13 / 16-10 / 9-14.
Incidencias: Colexio San José de La Guía, en Vigo. Pouco público.

Presentábase o Caselas con importantes baixas nunha cancha pequena e difícil, perante un equipo de 4ªdivisión da zona alta.
O partido non foi fácil, e os nosos fixeron un xogo moi traballado, especialmente para saír da forte presión defensiva dos locais, cando estes miraban que o Caselas se iba pouco a pouco no electrónico. Os xogadores de Carlos Kustrin, sen facer un gran encontro, xogaron con intelixencia, mantendo ventaxas de arredor de 10 puntos durante case todo o tempo.
O vindeiro sábado día 24 xogaremos o partido aprazado co Estudiantes de Pontevedra. Será no Pavillón de Salceda as 6 da tarde.

CATEGORÍAS BASE:
Pouco a pouco as competicións van queimando os últimos cartuchos. Só xogaron as rapazas Infantiles, que pagaron un mal primeiro tempo en Baiona, con canastas moi fáciles falladas, para caer por 44-35. A reacción e esforzo final das xogadoras de Salceda non foi suficiente perante un rival moi parello ao noso.
Os Benxamíns non xogaron ao ser aprazado o seu partido a petición do Divino Salvador Airexa.


Publicado por cbcaselas @ 23:47  | CRONICAS