Mi?rcoles, 30 de abril de 2014

COPA PRIMAVERA INFANTIL FEMININO

Participan 10 equipos repartidos en 2 grupos. O Caselas está no Grupo B xunto a Seis Nadal Celso Emilio, Salesianos Vigo, Porriño "B" e Baiona "B". Xogarase unha liga a unha soa volta. O campión de cada grupo xoga a Final

Calendario C.B.Caselas:
04/05/14   CASELAS-SEIS NADAL CELSO EM.
11/05/14   SALESIANOS VIGO-CASELAS
18/05/14   BAIONA "B"-CASELAS
25/05/14   CASELAS-PORRIÑO "B"
01/06/14   CASELAS descansa
07/06/14   Final Ida
08/06/14   Final Volta

POSTOS 7º-8º ALEVÍN MIXTO

O Alevín Mixto xogará o posto 7º-8º dun total de 15 equipos perante Salesianos Vigo

Calendario C.B.Caselas:
11/05/14   SALESIANOS VIGO-CASELAS (ida)
25/05/14   CASELAS-SALESIANOS VIGO (volta)


Publicado por cbcaselas @ 23:18

Magnífica experiencia para os tres equipos minis do clube o domingo en Monçao. Os rapaces/as derrocharon enerxía durante moitas horas xogando un total de 14 partidos contra equipos de todo o norte de Portugal. O marcador era o de menos. Desprazáronse 23 xogadores e 3 entrenadores (grazas a Natalia, Rubén e Manolo), acompañados por numerosísimos pais e familiares.

Foto de grupo en Monçao.
 
Os Benxamíns perante os locais de Monçao. 
 
O Alevín Feminino perante Paredes de Coura.
 
Por megafonía cantouselle o cumpreanos a nosa querida Aitana.
 
Turno para o Alevín Mixto perante Paredes de Coura. 
 
Loita!! De novo os Benxamíns perante Monçao.

O Alevín Feminino nun tiro libre no derbi coas rapazas de Monçao.
 
CB.Caselas/EDM.Salceda ao remate da festa, onde houbo recordos para todos os participantes.


Publicado por cbcaselas @ 23:04  | TORNEOS E ACTOS
Lunes, 28 de abril de 2014
C.B.Caselas 55: Pedro 22, Igor 10, Carlos 4, Rober 0 e Rubén 5. QUINTETO. Pablo 10, Lucas 0 e Oscar 4.
Parciais: 9-11 / 11-10 / 7-20 / 6-14.
Incidencias: Tarde de domingo no Colexio Salesianos de Vigo.

Primeiro partido de Copa e primeira victoria do Caselas perante un rival da 4ªdivisión. Os nosos estiveron imprecisos na primeira metade, onde só gañaban 20-21. A partir de ahí apretaron en defensa, deixando aos vigueses en 13 puntos na segunda metade e levándose a victoria con autoridade.
O vindeiro sábado 3 recibimos en Salceda ao Estudiantes Pontevedra, un equipo inédito ao que nunca nos enfrontamos na historia.

CATEGORÍAS BASE:
Xornada para esquecer na base. Estamos a pagar a cantidade de baixas por lesións, sobre todo nas rapazas, e iso merma seriamente as posibilidades dos nosos equipos. As Cadetes foron a xogar con 6 xogadoras (4 cadetes e 2 infantiles), e as Infantiles xogaron con medio equipo de minibasquet.
Cadete Masc: APOSTOL 80 CASELAS 51
Cadete Fem: APOSTOL 56 CASELAS 29
Infantil Fem: CASELAS 27 AIREXA NIGRÁN 78
Alevín Mixto: CASELAS 39 REDONDELA 46
Benxamín Mixto: REDONDELA 32 CASELAS 18


Publicado por cbcaselas @ 23:42  | CRONICAS
Mi?rcoles, 23 de abril de 2014

Todos os equipos teñen partidos despois do parón de Semana Santa. O Senior Masculino comeza a Copa Primavera. E os minis, ademáis da liga, desprázanse o domingo á veciña Monçao a unha das citas esperadas do ano: a VIII Festa do Minibasquet de Monçao, da que tedes información a continuación. Disfrutade !!!!

Senior Masc

SALESIANOS -
CASELAS 

Colexio Salesianos
(Vigo)
Domingo 27 19:00
Cadete Masc

APÓSTOL -
CASELAS 

Colexio Apóstol
(Vigo) 

Domingo 27 12:00
saída10:40 
Cadete Fem

APÓSTOL -
CASELAS 

Colexio Apóstol
(Vigo) 

Domingo 27

10:00
saída 8:50 

Infantil Fem

CASELAS -
AIREXA NIGRÁN 

Pavillón de Salceda

Sábado 26

17:00

Alevín Mixto CASELAS -
REDONDELA 
Pavillón de Salceda Sábado 26 12:00
Benxamín Mixto

REDONDELA -
CASELAS 

IES. Mendiño
(Redondela) 

Sábado 26

12:00
saída10:30 


 VIII  FESTA DO MINIBASQUET DE MONÇAO 

Domingo 27 de abril no Pavillón de Deportes de Monçao (Portugal).

Estarán os equipos do CB.Caselas/EDM.Salceda Benxamín Mixto, Alevín Mixto e Alevín Feminino.
Saíremos dende o pavillón de Salceda ás 9:00 horas. Pedimos a colaboración das familias para transportar aos nenos/as entre todos e animar aos nosos durante os partidos. A festa rematará sobre as 18:30 horas. Cada familia será responsable de recoller ao neno/a en Monçao.
Agradecer ao Monçao Basket a súa confianza e invitación outro ano máis, e animar a todos a desprazarse a Monçao a disfrutar dun día de convivencia.

Calendario  (horarios españoles):

ALEVÍN FEMININO
Entrenador:
Manuel González 

ALEVÍN MIXTO
Entrenador:
Rubén Rodríguez 

BENXAMÍN MIXTO
Entrenadora:
Natalia López 

10:45  Campo4
VIANA-CASELAS

10:00  Campo3
STA.MARTA-CASELAS

10:00  Campo1
PENAFIEL-CASELAS

11:30  Campo4
BAIONA-CASELAS

11:30  Campo2
LANHESES-CASELAS

10:45  Campo1
ALFENENSE-CASELAS

-------------

12:15  Campo4
COURA-CASELAS

12:15  Campo2
MONÇAO-CASELAS

13:15 aproximad.  XANTAR  para os tres equipos do Caselas

15:30   Campo4
MONÇAO-CASELAS

-------------

------------

16:15  Campo4
COURA-CASELAS

16:15  Campo3
MONÇAO-CASELAS

16:15  Campo2
FIGUEIRENSE-CASELAS

17:45  Campo4
STA.MARTA-CASELAS

17:45  Campo3
PENAFIEL-CASELAS

17:00  Campo1
VIANA-CASELAS


Publicado por cbcaselas @ 12:22
Jueves, 17 de abril de 2014

Doce equipos (10 da zona de Vigo e 2 de Arousa) xogarán unha atractiva Copa Primavera, que xunta aos equipos de 3ª e 4ª División.

Grupos:
Grupo A:  Caselas, Mos, Rías Baixas "B", Salesianos Vigo, Fisiomiño S.José, Estudiantes Pontevedra.
Grupo B:  Seis do Nadal, Puerto Vigo, S.José La Guía "B", Redondela, Ponteareas, Concept Spain Vilagarcía.

Sistema:
Cada grupo xoga unha liga a unha soa volta. Os campeóns de cada grupo van a FINAL. A Final é a Ida (7 de xuño) e Volta (8 de xuño). A Ida xógase na pista do primeiro do grupo B.

Calendario C.B.Caselas:
27/04/14   SALESIANOS VIGO-CASELAS
04/05/14   CASELAS-ESTUDIANTES PONTEVEDRA
11/05/14   CASELAS-MOS
18/05/14   FISIOMIÑO S.JOSÉ-CASELAS
01/06/14   CASELAS-RÍAS BAIXAS "B"
07/06/14   Final Ida
08/06/14   Final Volta


Publicado por cbcaselas @ 14:19
Domingo, 13 de abril de 2014


[email protected] alevíns, infantiles e cadetes de baloncesto o día da presentación do álbum.

A idea das Escolas Deportivas Municipais de Salceda, pertencentes ao Concello de Salceda, de facer un álbum de cromos que aglutinase todo o deporte federado do concello -incluído como non o noso querido baloncesto-, resultou ser un enorme éxito.
Moitas horas e días de traballo -sobre todo para as dúas persoas que, penso, máis se moveron Martín e Charango-, coordinación coa empresa, cos clubes, cos xogadores, trámites administrativos e unha morea de pasos previos que algún nin imaxina; deron como resultado un magnífico álbum a toda cor, con máis de 600 cromos dos ídolos do deporte salcedense, que se venden en paquetes de 11 cromos a un euro.
Nin Cristiano, nin Messi, nin Casillas. Agora son os Pablo, Rubén, Pedro, Miguel, Iria, Laura, Ainhoa, etc. É frecuente ver nestas semanas deportistas cambiándose os cromos en lugares tan diversos como rúas, prazas, colexios e instalacións deportivas. Sempre co fin de conseguir o seu cromo, os que lles faltan, ou simplemente un senior ao que teñen de referencia.
É que o deporte de Salceda de Caselas está de moda!!!


Publicado por cbcaselas @ 1:11  | TORNEOS E ACTOS
Martes, 08 de abril de 2014
C.B.Caselas 55: Pedro 16, Pablo 13, Carlos 8, Rubén 0 e Óscar 8. QUINTETO. Igor 10 e Rober 0.
Parciais: 15-10 / 19-13 / 7-14 / 10-18.
Incidencias: Derradeira xornada de Liga 3ªDivisión Grupo E xogada no Colexio Maristas de Vigo.

A loita e a ambición dun plantel escaso de efectivos, pero entregado as cores do clube, déronlle ao Caselas unha victoria que se puxo moi costa arriba. Os nosos xogaban nunha pista difícil, perante un veteranísimo conxunto, que pese a súa condición de colista, xoga cómodo en casa. E houbo que traballar duro para remontar a desventaxa no descanso (34-23), e esperar aos minutos finais de encontro para remontar por primeira vez. Todo isto con moitos tiros libres fallados, que nos darían maior tranquilidade de habelos metido.
O C.B.Caselas remata a liga en 6º lugar de 12 equipos, con 11 victorias e 11 derrotas. Xogarán a promoción de ascenso Setentas e Arcade. A promoción de descenso Rodaballo e Novobasket. 
Agora a Copa Primavera.
O primeiro equipo do C.B.Caselas xogará agora a Copa Primavera. Proximamente saberase os equipos e calendario. Informaremos.

CATEGORÍAS BASE:
O Infantil Feminino tivo un disputado partido en Coia, onde foi expulsado o noso entrenador Adrián: Seis do Nadal "B" 41 Caselas 36.
Resultado engañoso para o Alevín Mixto, que mereceu máis. Perdían só 46-42 a falla de 3 minutos, e nese tempo (ademáis dos 8 tiros libres fallados) parcial de 12-0 e victoria para Redondela 58-42.
Fortes derrotas para un Cadete Feminino plagado de baixas (Caselas 22 Novobasket Celta 88) e para Benxamín Mixto (Caselas 10 Compañía María 60).
As ligas pararán durante toda a semana santa, excepto o cadete masculino. A competición voltará o 26-27 de abril.


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS
Martes, 01 de abril de 2014
C.B.Caselas 59: Pedro 19, Pablo 8, Carlos 4, Rubén 2 e Óscar 7. QUINTETO. Igor 20, Rober 0 e Lucas 0.
Parciais: 15-13 / 10-21 / 10-17 / 24-10.
Incidencias: Penúltima xornada da 3ªDivisión grupo E xogada no Pavillón de Salceda, con seis decenas de afecionados volcados co Caselas.

As derrotas en calquera deporte de competición nunca son agradables, pero as que se producen no derradeiro segundo -incluso xa co reloxio a cero e sen tempo para reaccionar- aínda o son menos. E diso foron testigos os afecionados presentes.
A verdade e que o Caselas non fixo un bó encontro -exceptuando o sensacional último cuarto-. Pouca puntería no tiro e flouxa defensa, que permitía que os xóvenes e rochosos xogadores vigueses se foran no marcador: 25-34 ao descanso e 35-51 ao remate do 3ºcuarto. Pero o Caselas compite en todos os partidos e, como nos leva demostrado ao longo da campaña, nunca baixa os brazos; e así o volveu a demostrar. Cunha defensa agresiva e maior porcentaxe no lanzamento, os de Carlos Kustrin lograron o máis difícil: empatar a 59 e coller o rebote defensivo a falla de 8 segundos.... E neste tempo, un mundo! Tiro precipitado dos nosos e balón para Rías Baixas a falla de 4 segundos. Tras tempo morto, eles moven o balón e nos provocan falta sobre a bocina. Co reloxio a cero, convirten os dous tiros libres. O magnífico traballo do Caselas quedou sen premio.

CATEGORÍAS BASE:
Rematou a primera fase da liga para os peques do Benxamín e Alevín, que xa comezarán a 2ªfase o vindeiro fin de semana.
Os Benxamíns, que perderon onte co Divino Salvador Airexa por 53-22, xogarán polos postos 9º a 13º, comezando co Compañía de María en Salceda. Os Alevíns, que estiveron a punto de clasificarse para as semifinais de liga, gañaron ao Coruxo por 63-40. Xogarán polos postos 5º a 8º co Redondela (a ida será en Redondela).
No resto de resultados, en Infantil Feminino victoria traballada por 48-41 perante o Colexio Mariano, e en Cadete Feminino derrota por 33-84 co Airexa Nigrán para pechar a liga.
Hai que salientar a plaga de lesións e enfermidades de xogadoras tan importantes como Noelia, Nicole, Laura Abalde, Blanca ou Carla, que están mermando seriamente o potencial dos equipos. Desexámoslle pronta recuperación para velas de novo na cancha disfrutando!! 


Publicado por cbcaselas @ 0:29  | CRONICAS