Domingo, 13 de abril de 2014


[email protected] alevíns, infantiles e cadetes de baloncesto o día da presentación do álbum.

A idea das Escolas Deportivas Municipais de Salceda, pertencentes ao Concello de Salceda, de facer un álbum de cromos que aglutinase todo o deporte federado do concello -incluído como non o noso querido baloncesto-, resultou ser un enorme éxito.
Moitas horas e días de traballo -sobre todo para as dúas persoas que, penso, máis se moveron Martín e Charango-, coordinación coa empresa, cos clubes, cos xogadores, trámites administrativos e unha morea de pasos previos que algún nin imaxina; deron como resultado un magnífico álbum a toda cor, con máis de 600 cromos dos ídolos do deporte salcedense, que se venden en paquetes de 11 cromos a un euro.
Nin Cristiano, nin Messi, nin Casillas. Agora son os Pablo, Rubén, Pedro, Miguel, Iria, Laura, Ainhoa, etc. É frecuente ver nestas semanas deportistas cambiándose os cromos en lugares tan diversos como rúas, prazas, colexios e instalacións deportivas. Sempre co fin de conseguir o seu cromo, os que lles faltan, ou simplemente un senior ao que teñen de referencia.
É que o deporte de Salceda de Caselas está de moda!!!


Publicado por cbcaselas @ 1:11  | TORNEOS E ACTOS