Martes, 08 de abril de 2014
C.B.Caselas 55: Pedro 16, Pablo 13, Carlos 8, Rubén 0 e Óscar 8. QUINTETO. Igor 10 e Rober 0.
Parciais: 15-10 / 19-13 / 7-14 / 10-18.
Incidencias: Derradeira xornada de Liga 3ªDivisión Grupo E xogada no Colexio Maristas de Vigo.

A loita e a ambición dun plantel escaso de efectivos, pero entregado as cores do clube, déronlle ao Caselas unha victoria que se puxo moi costa arriba. Os nosos xogaban nunha pista difícil, perante un veteranísimo conxunto, que pese a súa condición de colista, xoga cómodo en casa. E houbo que traballar duro para remontar a desventaxa no descanso (34-23), e esperar aos minutos finais de encontro para remontar por primeira vez. Todo isto con moitos tiros libres fallados, que nos darían maior tranquilidade de habelos metido.
O C.B.Caselas remata a liga en 6º lugar de 12 equipos, con 11 victorias e 11 derrotas. Xogarán a promoción de ascenso Setentas e Arcade. A promoción de descenso Rodaballo e Novobasket. 
Agora a Copa Primavera.
O primeiro equipo do C.B.Caselas xogará agora a Copa Primavera. Proximamente saberase os equipos e calendario. Informaremos.

CATEGORÍAS BASE:
O Infantil Feminino tivo un disputado partido en Coia, onde foi expulsado o noso entrenador Adrián: Seis do Nadal "B" 41 Caselas 36.
Resultado engañoso para o Alevín Mixto, que mereceu máis. Perdían só 46-42 a falla de 3 minutos, e nese tempo (ademáis dos 8 tiros libres fallados) parcial de 12-0 e victoria para Redondela 58-42.
Fortes derrotas para un Cadete Feminino plagado de baixas (Caselas 22 Novobasket Celta 88) e para Benxamín Mixto (Caselas 10 Compañía María 60).
As ligas pararán durante toda a semana santa, excepto o cadete masculino. A competición voltará o 26-27 de abril.


Publicado por cbcaselas @ 23:11  | CRONICAS