Martes, 01 de abril de 2014
C.B.Caselas 59: Pedro 19, Pablo 8, Carlos 4, Rubén 2 e Óscar 7. QUINTETO. Igor 20, Rober 0 e Lucas 0.
Parciais: 15-13 / 10-21 / 10-17 / 24-10.
Incidencias: Penúltima xornada da 3ªDivisión grupo E xogada no Pavillón de Salceda, con seis decenas de afecionados volcados co Caselas.

As derrotas en calquera deporte de competición nunca son agradables, pero as que se producen no derradeiro segundo -incluso xa co reloxio a cero e sen tempo para reaccionar- aínda o son menos. E diso foron testigos os afecionados presentes.
A verdade e que o Caselas non fixo un bó encontro -exceptuando o sensacional último cuarto-. Pouca puntería no tiro e flouxa defensa, que permitía que os xóvenes e rochosos xogadores vigueses se foran no marcador: 25-34 ao descanso e 35-51 ao remate do 3ºcuarto. Pero o Caselas compite en todos os partidos e, como nos leva demostrado ao longo da campaña, nunca baixa os brazos; e así o volveu a demostrar. Cunha defensa agresiva e maior porcentaxe no lanzamento, os de Carlos Kustrin lograron o máis difícil: empatar a 59 e coller o rebote defensivo a falla de 8 segundos.... E neste tempo, un mundo! Tiro precipitado dos nosos e balón para Rías Baixas a falla de 4 segundos. Tras tempo morto, eles moven o balón e nos provocan falta sobre a bocina. Co reloxio a cero, convirten os dous tiros libres. O magnífico traballo do Caselas quedou sen premio.

CATEGORÍAS BASE:
Rematou a primera fase da liga para os peques do Benxamín e Alevín, que xa comezarán a 2ªfase o vindeiro fin de semana.
Os Benxamíns, que perderon onte co Divino Salvador Airexa por 53-22, xogarán polos postos 9º a 13º, comezando co Compañía de María en Salceda. Os Alevíns, que estiveron a punto de clasificarse para as semifinais de liga, gañaron ao Coruxo por 63-40. Xogarán polos postos 5º a 8º co Redondela (a ida será en Redondela).
No resto de resultados, en Infantil Feminino victoria traballada por 48-41 perante o Colexio Mariano, e en Cadete Feminino derrota por 33-84 co Airexa Nigrán para pechar a liga.
Hai que salientar a plaga de lesións e enfermidades de xogadoras tan importantes como Noelia, Nicole, Laura Abalde, Blanca ou Carla, que están mermando seriamente o potencial dos equipos. Desexámoslle pronta recuperación para velas de novo na cancha disfrutando!! 


Publicado por cbcaselas @ 0:29  | CRONICAS