Domingo, 30 de marzo de 2014

CADETE MASCULINO:

Dos 16 equipos participantes na liga, tan só se anotaron 8 para a Copa, repartidos en 2 grupos de 4 equipos cada un. Xogarán unha liguilla a unha volta. Os campións de cada grupo disputarán a final a doble volta. Igualmente os segundos, terceiros e cuartos de cada grupo.
O Caselas está no grupo "B" xunto a Apóstol, Seis do Nadal "C" e Baiona.
O grupo "A" fórmano Porriño "B", Seis do Nadal "B", S.José La Guía e Airexa Nigrán.

CALENDARIO:
06/04/2014: Apóstol-Caselas
27/04/2014: Caselas-Baiona
11/05/2014: Seis do Nadal "C"-Caselas
18/05/2014: Finais ida
25/05/2014: Finais volta

CADETE FEMININO:

Anotáronse na Copa Primavera 7 equipos dos 9 da liga. Quedaron repartidos en 2 grupos. Xógase unha liguilla a unha volta. O campión de cada grupo disputará a final a doble volta.
O Caselas está no grupo "B" xunto a Apóstol e Novobasket Celta.
O grupo "A" fórmano Celta, Los Sauces, Seis do Nadal "B" e Airexa Nigrán.

CALENDARIO:
06/04/2014: Caselas-Novobasket Celta
27/04/2014: (pendente de publicar)
11/05/2014: (pendente de publicar)
18/05/2014: Final ida
25/05/2014: Final volta

Desexamos o mellor para os equipos de Carlos Kustrin, Adrían Salgado e Xan Otero!!!


Publicado por cbcaselas @ 20:58