Lunes, 24 de marzo de 2014
C.B.Caselas 62: Pedro 7, Pablo 12, Carlos 13, Rubén 8 e Óscar 8. QUINTETO. Igor 10, Rober 2 e Lucas 2.
Parciais: 15-10 / 11-13 / 15-14 / 15-25.
Incidencias: Tarde de sábado no colexio Seis do Nadal de Coia (Vigo).

Os 25 puntos anotados polo Caselas nun gran último cuarto, romperon un partido igualado, que o equipo de Coia dominou ata entón no electrónico con escasas rentas. Os de Carlos Kustrin xogaron moi serios, con un gran rendemento por parte de todos os xogadores, que foron a máis a medida que pasaba o tempo.
A falla de dúas xornadas para o remate da liga (estamos sextos), esta victoria sella matematicamente a permanencia, e aínda con opcións de escalar un posto máis e quedar quintos. O vindeiro sábado recibimos en Salceda ao Rías Baixas "B".

CATEGORÍAS BASE:
Os Cadetes Masculino e Feminino tiveron a victoria ao alcance da man, pero os numerosos erros no lanzamento priváronlles de conseguilo. As rapazas -con baixas importantes- perderon en Salceda co Apóstol por 44-47. Os rapaces caían en Cangas no partido de volta dos postos 13-14 co Defensores do Morrazo por 40-35 (o 66-52 logrado na ida en Salceda nos deixa no 13º lugar na clasificación final de liga).
CB.Caselas/EDM.Salceda (35): Alex 3, Bruno 1, Miguel 10, Carlos 8 e Jose 12. QUINTETO. Pablo 0, César 0, Diego 0, Cristian 1 e Raúl 0.
Abultadas derrotas para o Infantil Feminino (Airexa Nigrán 80 Caselas 34) e Benxamín Mixto co Defensores do Morrazo.
 
O Cadete Masculino na praia en Cangas ao remate do partido.


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS