Lunes, 17 de marzo de 2014
C.B.Caselas 83: Pedro 37, Pablo 12, Carlos 11, Rubén 0 e Óscar 11. QUINTETO. Igor 12.
Parciais: 16-16 / 27-7 / 17-16 / 23-14.
Incidencias: Entrada que ultimamente ven sendo habitual no Pavillón de Salceda, con preto de catro decenas de aficionados animando coma sempre.

O Caselas cortou cunha racha negativa de 6 derrotas consecutivas logo de vencer a un veteranísimo Rodaballo de Vigo, que só inquietou no primeiro cuarto.
A partir de ahí non houbo máis historia. Os nosos, unha vez máis con só 6 xogadores, fixeron un completo partido, controlando moi ben o tema das faltas e "recreándose" en ocasións, cando o partido xa estaba resolto. Destacar os números do noso base Pedro, autor de 37 puntos, aínda que é máis importante recalcar a excepcional labor de todo o equipo, que se involucrou totalmente durante os 40 minutos incluso con varios xogadores "tocados".

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masculino, nun bó partido, gañou na Ida polos postos 13-14 perante o Defensores do Morrazo por 66-52 (27-24 ao descanso). A volta xogarase o vindeiro fin de semana en Cangas.
CB.Caselas/EDM.Salceda (66): Alex 3, Bruno 4, Miguel 16, Carlos 13 e Jose 24. QUINTETO. César 2, Cristian 2, Raúl 0 e Rubén 2.
En Infantil Feminino e Alevín Mixto o partido tivo un guión parecido: foron gañando os nosos case todo o partido e derrotas no tramo final para ambos. En Infantil, Caselas 33 Seis Nadal "B" 34, e en Alevín, Miralba 29 Caselas 26.
O Cadete Feminino caeu claramente en Baiona por 76-19. 


Publicado por cbcaselas @ 23:15  | CRONICAS