Lunes, 10 de marzo de 2014
C.B.Caselas 65: Pedro 40, Igor 6, Carlos 0 Rubén 8 e Óscar 10. QUINTETO. Rober 0.
Parciais: 16-8 / 19-6 / 17-24 / 17-27.
Incidencias: Encontro aprazado no seu día xogado este sábado 8 no Pavillón de Balaídos.

Aparecía o Caselas en Vigo con só 6 xogadores, plagado de baixas -o último en caer foi Lucas no entreno desta semana con escordadura de nocello-.
Os 40 puntos dun excelente Pedro, non bastaron para gañar un partido que parecía imposible no descanso, onde nunha primeira parte para esquecer, perdiamos 35-14. Saíron os nosos flouxos en defensa, sen intensidade no partido, e iso pagámolo moi caro.
Pero se algo lle sobra a este equipo é garra e loita, e esa foi a receita para facer unha segunda metade para enmarcar, con canastas de todas as distancias e fluídez ofensiva. O parcial desta metade foi de 34-51.
Nos minutos finais a remontada fíxose imposible: o Caselas quedaba con 3 xogadores na pista (e os tres con catro faltas), logo da eliminación de Carlos, Rober e Rubén. O enorme esforzo non tivo recompensa. 

CATEGORÍAS BASE:
En Cadete Masculino na loita polos postos 13 a 16, nova victoria do Caselas perante Redondela por 55-45. Agora xogaremos polo 13-14 co gañador da outra eliminatoria -Defensores do Morrazo- que se desfixo de Rías Baixas. A Ida será este fin de semana do 15 de marzo en Salceda e a Volta o 22 en Cangas.
CB.Caselas/EDM.Salceda (55): Álex Pérez 14, Bruno Estévez 10, Carlos Pérez 3, Jose Castro 22, César Pérez 2. QUINTETO. Raúl Saad 2 e Rubén Alfonso 2.
Doble enfrontamento e doble derrota co Colexio Mariano. En Infantil Feminino, na primeira xornada da liga polos postos 9 a 12, Mariano 60 Caselas 51. En Alevín Mixto, Caselas 34 Mariano 61.


Publicado por cbcaselas @ 23:19  | CRONICAS