Martes, 04 de marzo de 2014
C.B.Caselas 63: Pedro 11, Pablo 9, Igor 11, Carlos 14 e Óscar 8. QUINTETO. Rober 0, Lucas 2 e Rubén 8.
Parciais: 21-28 / 15-13 / 28-13 / 11-9.
Incidencias: Pavillón Municipal de Soutomaior. A pista presentaba zonas perigosas debido a humidade.

Se os partidos durasen 20 minutos, neste caso o gañador sería o C.B.Caselas. Os de Carlos Kustrin sairon moi concentrados, con acerto no tiro perante a defensa zonal do Arcade. Só no primeiro cuarto -había moito tempo que non se miraba- xa levabamos anotados 28 puntos, para irnos ao descanso 5 arriba: 36-41.
Na segunda metade houbo tres feitos que precipataron a derrota dos de Salceda. Por un lado, a eliminación por faltas do noso base titular Pedro; por outro lado a lesión de Pablo (xa non poido continuar), que abriu un cóbado ao golpearse co chan loitando por un balón; e para rematar a defensa individual con presión dos locais, provocando perdas do Caselas, que bastante fixo co que tiña.
A pesares das últimas derrotas, o equipo segue a dar a cara, loitando e competindo con orgullo en cada partido, aspecto este que é de agradecer.
Na vindeira semana haberá descanso. Aproveitaremos para xogar o partido aprazado en Vigo co Electroships.
CADETE FEMININO.
Na base, tan só xogaron o xoves as Cadetes. Perderon 41-51 con Los Sauces, un equipo do noso nivel que tivo máis orden que nós. As de Salceda, faltas de actitude en ocasións, reaccionaron tarde.


Publicado por cbcaselas @ 0:04  | CRONICAS