Martes, 25 de febrero de 2014
C.B.Caselas 56: Pablo 8, Igor 15, Rober 2, Lucas 8 e Rubén 3. QUINTETO. Carlos 14 e Óscar 6.
Parciais: 14-14 / 12-15 / 14-21 / 16-8.
Incidencias: Pouco público (sobre 40 persoas), pero muy ruidoso, animando sen parar ao Caselas nos momentos clave, cando o equipo máis o necesitaba.

A pesar das numerosas e importantes baixas, o C.B.Caselas deu a cara en todo momento perante un Mos co plantel ao completo e con moitísima altura nos seus homes. Os visitantes levaron a iniciativa no marcador, con curtas diferenzas sempre ben respondidas polos nosos. Ao descanso a igualdade era patente: 26-29.
Na segunda metade cando parecía que Mos íbase (40-50 no terceiro cuarto), o Caselas apretou atrás, empurrado por un público sensacional, e isto deunos vida. O equipo moveu ben o balón en ataque, cargando de faltas ao rival, e a remontada se consumaba pouco a pouco. Sen embargo, o escaso acerto dende o tiro libre nos instantes finais nos privou da victoria.
O vindeiro fin de semana de Entroido viaxaremos a Arcade para enfrontarnos ao colíder.

CATEGORÍAS BASE:
Remataron a primeira fase da liga as rapazas Infantiles con dobre enfrontamento. O xoves perderon en casa con S.José La Guía por 54-64, nun encontro con dúas caras: unha primeira onde as nosas foron vapuleadas, e unha segunda metade onde o Caselas xogou a grandísimo nivel. Na xornada do sábado non tiveron problemas para gañar a Las Acacias por 19-46.
As rapazas de Adrián e Xan rematan en 6º lugar de 8 equipos. Xogarán a 2ª fase polos postos 9 a 12 despois do Entroido.
Quenes tampouco tiveron problemas foron os rapaces Cadetes. Venceron en Redondela na ida dos postos 13 a 16 por 47-66.
CB.Caselas/EDM.Salceda (66): Alex 6, Bruno 8, Miguel 13, Carlos 10, Jose 25, Pablo 0, César 4, Diego 0, Cristian 0, Raúl 0 e Rubén 0.
O Alevín Mixto caía en Salesianos por 34-24. Os nosos tiveron un pésimo día no tiro.
Os peques Benxamíns perderon o derbi: Tui B 42 Caselas 26.

CB.Caselas/EDM.Salceda Infantil Feminino, composto por xovencísimas xogadoras de primeiro ano.


Publicado por cbcaselas @ 10:54  | CRONICAS