Martes, 18 de febrero de 2014

Fin de semana de contratempos, xa que dos cinco partidos programados para o C.B.Caselas, tan só se xogaron dous. O Senior Masculino contra Electroships, o Cadete Feminino contra Los Sauces e o Benxamín contra Novobasket Vigo, foron aprazados a petición dos tres equipos rivais.
Abriu a xornada o Infantil Feminino, que perdeu en Salceda cun potente Salesianos Vigo por 20-71.
A continuación remataba a primeira fase da liga o Cadete Masculino, que non tivo problemas para gañar a un loitador Rías Baixas por 58-32. Os xogadores de Salceda devólvenlle a moeda aos vigueses, xa que a semana pasada foi o Rías Baixas que derrotou ao Caselas en Senior. Destacar que todos os xogadores cadetes anotaron:
C.B.Caselas/EDM.Salceda (58): Bruno 10, Carlos 8, Jose 8, Diego 2 e Cristian 5. QUINTETO. Alex 6, Miguel 8, Pablo 2, César 5, Raúl 2 e Rubén 2.


SEGUNDA FASE PARA CADETE MASCULINO.
Os rapaces de Carlos Kustrin rematan o Grupo 1 na 7ªposición de 8 equipos cun balance de 3 victorias/11 derrotas. Xogarán a segunda fase loitando polos postos 13º a 16º en dúas semifinais a Ida e Volta. O calendario é o seguinte:

CADETE MASCULINO:  POSTOS 13º A 16º.
Semifinais Ida: 23/02/14 Redondela-Caselas
Rías Baixas-Defensores Morrazo
Semifinais Volta: 09/03/14 Caselas-Redondela
Defensores Morrazo-Caselas

Ida: 16/03/14   Volta: 23/03/14
Gañadores das semifinais xogarán postos 13-14.
Perdedores das semifinais xogarán postos 15-16.


SENIOR MASCULINO 3ªDIVISIÓN.
O noso equipo figura na sexta posición da táboa con 8 derrotas/7 derrotas. A sorpresa da xornada foi a victoria do penúltimo clasificado Seis do Nadal Coia na pista do Arcade (segundo) por 76-85. O Setentas continúa líder a pesar da apurada victoria en Porriño 45-51.


CB.Caselas/EDM.Salceda Cadete Masculino, patrocinado por SUMINISTROS PORRIÑO.


Publicado por cbcaselas @ 0:06