Martes, 11 de febrero de 2014
C.B.Caselas 46: Pedro 20, Pablo 10, Igor 8, Carlos 3 e Lucas 0. QUINTETO. Yanko 2, Rober 0 e Rubén 3.
Parciais: 10-16 / 11-18 / 12-12 / 13-15.
Incidencias: Preto de medio centenar de afecionados no Pavillón de Deportes de Salceda.

A diferenza principal entre os dous equipos estivo no acerto de cara a canasta. Mentres que aos vigueses lles entraba case todo, o Caselas fallaba, en ocasións con tiro en mala posición e outras veces simplemente porque non tivemos o día de cara o aro. Ao descanso os visitantes abrían brecha: 21-34.
Na segunda metade o Caselas intentouno, apretou máis en defensa e xogouse mellor. De feito chegamos a poñernos a 6 puntos no cuarto periodo (40-46); pero en ataque seguiamos co mesmo guión. O Rías Baixas, ben posicionado na cancha, aproveitouse para levar a victoria.

CATEGORÍAS BASE:
A alegría da xornada está no Alevín Mixto, que venceu en Salceda  36-26 a un aspirante como o Carmelitas de Vigo, equipo que se presentaba con unha soa derrota en toda a liga. Esta victoria nos mantén líderes do grupo 2.
No resto de partidos, derrotas para o Cadete Feminino: Novobasket Celta 84 Caselas 37, e Infantil Feminino: Baiona 52 Caselas 32.


Publicado por cbcaselas @ 11:06  | CRONICAS