Martes, 04 de febrero de 2014
C.B.Caselas 46: Pedro 12, Pablo 10, Carlos 2, Rober 2 e Rubén 3. QUINTETO. Igor 13 e Lucas 4.
Parciais: 20-18 / 8-18 / 9-7 / 23-13.
Incidencias: Bó ambiente no Pavillón Municipal de Porriño, con varios afecionados de Salceda animando.

Partido complicado para o Caselas, non só pola dificultade do rival, se non polas baixas que presentaba o equipo (Oscar, Yanko e Marcos), que fixo que o técnico Carlos Kustrin planificara con só 7 xogadores. Aínda así, os nosos aguantaron moi ben tres cuartos de partido (32-33 no electrónico cara o final do terceiro cuarto).  A eliminación do canteirán Pablo -o mellor do Caselas ata o momento- e a acumulación de faltas (Pedro, Carlos e Rubén remataron con catro), foron clave para que nos viñeramos abaixo. O Caselas fixo un gran desgaste e nunca baixou os brazos, pero Porriño, con amplitude de banquillo e máis fresco abriu brecha para levarse o encontro por esta máxima diferenza.
Queda moita liga e o equipo debe seguir traballando unido e con compromiso. De seguro que así gañaremos. Arriba Caselas !!!

PORRA:
O gañador da porra deste Porriño-Caselas foi Enrique Magdalena, que a pesar de non acertar o resultado, foi o que máis se aproximou, apostando que o Porriño gañaría de 5 puntos. A gran maioría dos participantes apostaban por unha victoria do Caselas por diversas diferenzas. O premiado pode recoller o MP3 na oficina do clube.

CATEGORÍAS BASE:
O Alevín Mixto colócase líder de grupo ao gañar ao Andersen por 23-45. Tamén victoria para o Infantil Feminino perante Miralba: 62-25.
Perderon os outros tres equipos de base. Benxamín Mixto: Caselas 10 Seis do Nadal 53. Cadete Feminino: Seis do Nadal "B" 47 Caselas 35. Cadete Masculino: S.José La Guía 110 Caselas 40.


Publicado por cbcaselas @ 0:15  | CRONICAS