Lunes, 27 de enero de 2014
C.B.Caselas 50: Pedro 9, Pablo 7, Igor 2, Yanko 15 e Rober 2. QUINTETO. Carlos 6, Marcos 2, Rubén 2 e Oscar 5.
Parciais: 8-13 / 9-21 / 10-21 / 23-14.
Incidencias: Sobre 75 persoas no Pavillón de Deportes de Salceda, cun público que despediu aos nosos con aplausos.

O Setentas de Vigo demostrou en Salceda a súa condición de favorito ao título perante un Caselas loitador, pero que en ocasións tivo máis corazón que cabeza. Cun plantel moi compensado en todas as posicións e xogadores con altura e moi experimentados, os visitantes abriron brecha na segunda metade para sentenciar cara ao descanso: 17-34. As ventaxas aumentaban no terceiro cuarto: 27-55. Aquí tal vez nos faltou ter un pouco máis de paciencia e circular o balón para ter mellor opcións de tiro. Os de Carlos Kustrin, a pesar de todo, nunca baixaron a cabeza e mostraron de novo unha actitude irreprochable, rematando un gran último cuarto onde se conseguiu gañar o parcial por 23-14 a base de máis movemento de balón buscando boas opcións. Así rematou o encontro cun decente 50-69.
Na vindeira semana gran derbi comarcal Porriño-Caselas. Ademáis da tradicional rivalidade, os dous equipos chegan empatados na clasificación con 8 victorias e 5 derrotas, polo que se xoga algo máis que dous puntos.

CATEGORÍAS BASE:
Xornada con poucas posibilidades para os nosos, que se enfrontaban a claros aspirantes ao título. Así tanto os Benxamíns, Cadete Feminino e Cadete Masculino perderon claramente contra Carmelitas, Compañía de María e Salesianos respectivamente.
A única victoria chegou da man do Alevín de Manolo, que venceu ao Coruxo por 27-29.
O Infantil Feminino viu de volta de Vigo sen xogar, por estar mollada a pista do S.José La Guía.


Publicado por cbcaselas @ 23:39  | CRONICAS
Lunes, 20 de enero de 2014
C.B.Caselas 70: Pedro 19, Igor 10, Yanko 22, Rober 6 e Lucas 0. QUINTETO. Pablo 2, Carlos 2, Rubén 7, Oscar 2 e Marcos.
Parciais: 15-18 / 8-6 / 17-16 / 18-18.  Prórroga: 11-12.
Incidencias: Bó ambiente no Pavillón do CUVI na tarde do domingo, con afecionados de ambos equipos animando.

Encontro igualadísimo entre dous equipos da zona alta que tivo que resolverse na prórroga ao rematar os 40 minutos con empate a 58. En efecto, Puerto Vigo (3ºclasificado) e Caselas (5º) demostraron sobre o parquet a súa clase, con alternativas constantes no xogo e no marcador. As pequenas ventaxas adquiridas por un, eran rapidamente contrarrestadas polo outro. O partido adquiría por momentos un ritmo alto, cunha arbitraxe exixente. As fortes defensas provocaban perdas de balón e erros no lanzamento, con numerosas visitas a liña de tiros libres debido a acumulación de faltas nos dous equipos.
Na prórroga continuou a mesma tónica. A xogada clave da victoria chegou a falla de menos dun minuto, cunha gran tripla do noso capitán Rubén que poñía un 67-70 que resultaría decisivo.
O partido foi moi bonito e interesante, cun Caselas que con traballo e compromiso, segue a facer unha gran temporada.

CATEGORÍAS BASE:
Mala xornada para a base onde perderon os tres equipos. O doble enfrontamento en Salceda en Infantil e Cadete Feminino entre Caselas e R.C.Celta, foi resolto polas viguesas. En Cadete Masculino forte derrota en Salceda co Seis do Nadal "C". Sinalar a lesión dun gran Miguel nun brazo tras unha caída. Desexámoste sorte e pronta recuperación!


Publicado por cbcaselas @ 23:25  | CRONICAS
Martes, 14 de enero de 2014
C.B.Caselas 59: Pedro 21, Igor 12, Yanko 11, Rober 4 e Rubén 2. QUINTETO. Pablo 7, Carlos 2, Lucas 0, Oscar 0 e Marcos.
Parciais: 24-7 / 6-9 / 20-8 / 9-20.
Incidencias: Flouxa entrada na tarde dominical no Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre catro decenas de espectadores.
Partido tremendamente irregular do C.B.Caselas, que alternou dous cuartos moi bós (o primeiro e o terceiro), con outros dous malos (o segundo e o cuarto), tal como se desprende dos parciais por cuartos. O encontro non tivo moita historia e xa quedou sentenciado ao principio cos nosos xogadores moi enchufados (24-7 a remate deste cuarto).  Logo o partido foi tranquilo, con falta de ritmo, pouco xogo e ventaxas a favor arredor dos 20 puntos. O técnico local, con todo o plantel dispoñible, fixo moitas rotacións, dando minutos a todos os xogadores. Destacar a boa nova da reincorparción hoxe ao equipo de Marcos Mirambell (no banquiño e non xogou), que estivo varias semanas fóra, na súa terra pasando as festas de nadal.
Con este partido remata a primeira volta da liga. Para a semana, iniciamos unha dura segunda volta visitando ao terceiro clasificado Puerto de Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
O máis destacado foi a sorprendente victoria do noso Cadete Masculino, que nun extraordinario encontro, impúxose por 60-64 na cancha do Apóstol. Logo dun marcador de 46-34 ao remate do terceiro cuarto, os de Salceda fixeron un épico cuarto final: 14-30, culminando unha merecida remontada. Noraboa!
C.B.Caselas/E.D.M: Alex 4, Bruno 8, Miguel 22, Jose 20, César 6. QUINTETO. Carlos 4, Pablo 0, Diego 0, Cristian 0, Raúl 0 e Rubén 0.
 Infantil Feminino caeu en Nigrán co Airexa por 68-22, perante un equipo superior en idade e físico.
O Alevín Mixto non tivo ningún problema para desfacerse claramente do Miralba en Salceda por 78-28.


Publicado por cbcaselas @ 11:40  | CRONICAS
Viernes, 03 de enero de 2014

As seguintes imaxes corresponden a tres actos celebrados no Nadal.
Por un lado o "Torneo Minibásquet de Nigrán". Os equipos de Salceda prebenxamín, benxamín e alevín deron unha boa imaxe.
Por outro lado, o xa tradicional partido entre os nosos "Cadete Masculino vs. Feminino". Rivalidade sana e encontro moi disputado.
Xa para rematar, a "Merenda de Nadal" onde a directiva obsequiou cun calendario do C.B.Caselas a todos os xogadores do clube.

TORNEO MINI DE NIGRÁN:

Xogadoras/es do Caselas alevín mixto.

Un momento do partido alevín perante Allariz.

Xogadores e entrenadores do Caselas, Allariz e Redondela posan xuntos.

PARTIDO CADETE MASCULINO vs. FEMININO:

MERENDA DE NADAL:


Publicado por cbcaselas @ 13:41  | TORNEOS E ACTOS