Martes, 14 de enero de 2014
C.B.Caselas 59: Pedro 21, Igor 12, Yanko 11, Rober 4 e Rubén 2. QUINTETO. Pablo 7, Carlos 2, Lucas 0, Oscar 0 e Marcos.
Parciais: 24-7 / 6-9 / 20-8 / 9-20.
Incidencias: Flouxa entrada na tarde dominical no Pavillón de Deportes de Salceda. Sobre catro decenas de espectadores.
Partido tremendamente irregular do C.B.Caselas, que alternou dous cuartos moi bós (o primeiro e o terceiro), con outros dous malos (o segundo e o cuarto), tal como se desprende dos parciais por cuartos. O encontro non tivo moita historia e xa quedou sentenciado ao principio cos nosos xogadores moi enchufados (24-7 a remate deste cuarto).  Logo o partido foi tranquilo, con falta de ritmo, pouco xogo e ventaxas a favor arredor dos 20 puntos. O técnico local, con todo o plantel dispoñible, fixo moitas rotacións, dando minutos a todos os xogadores. Destacar a boa nova da reincorparción hoxe ao equipo de Marcos Mirambell (no banquiño e non xogou), que estivo varias semanas fóra, na súa terra pasando as festas de nadal.
Con este partido remata a primeira volta da liga. Para a semana, iniciamos unha dura segunda volta visitando ao terceiro clasificado Puerto de Vigo.

CATEGORÍAS BASE:
O máis destacado foi a sorprendente victoria do noso Cadete Masculino, que nun extraordinario encontro, impúxose por 60-64 na cancha do Apóstol. Logo dun marcador de 46-34 ao remate do terceiro cuarto, os de Salceda fixeron un épico cuarto final: 14-30, culminando unha merecida remontada. Noraboa!
C.B.Caselas/E.D.M: Alex 4, Bruno 8, Miguel 22, Jose 20, César 6. QUINTETO. Carlos 4, Pablo 0, Diego 0, Cristian 0, Raúl 0 e Rubén 0.
 Infantil Feminino caeu en Nigrán co Airexa por 68-22, perante un equipo superior en idade e físico.
O Alevín Mixto non tivo ningún problema para desfacerse claramente do Miralba en Salceda por 78-28.


Publicado por cbcaselas @ 11:40  | CRONICAS