Mi?rcoles, 25 de diciembre de 2013

ATENCIÓN!!! ENTRENOS NAS FESTAS DE NADAL

A pesar de non haber liga durante as vacacións escolares, SÍ HABERÁ ENTRENOS.
Todos os equipos entrenarán os días habituais, excepto que cadren en festivos.
Ademáis haberá os seguintes entrenos extras:
-  Benxamíns: tamén entrenarán o Sábado 28 e Sábado 4 de 11:00 a 12:30h.
-  Infantiles e Cadetes Feminino: tamén entrenarán o Venres 27, Venres 3 e Martes 7 de 10:30 a 13:00h.
É importante que entrenedes para non perder o ritmo de cara a competición, que voltará o 11 e 12 de xaneiro.

TORNEO DE MINBASQUET DE NADAL DE NIGRÁN

Os nosos equipos Prebenxamín, Benxamín e Alevín foron invitados a este torneo invitados polo C.B.Airexa Nigrán. Será o Xoves 26 para Prebenx. e Benxamín, e o Venres 27 para Alevíns no Pavillón do Colexio Público de Panxón. Os xogadores serán desprazados entre todos os pais. Saíremos diante do noso pavillón as 14:45h (o torneo comeza as 16:00h) para regresar sobre as 19:30h. Xogaranse mini partidos de 20 minutos con carácter lúdico. Os nosos rapaces enfrontaranse a equipos como o Celta, Redondela, Carmelitas, Tui, Defensores do Morrazo, Pabellón Ourense e Allariz.

MERENDA DE NADAL PARA XOGADORES/AS

Por xentileza da directiva do C.B.Caselas, o luns 30 de decembro no Centro Social A Devesa celebraremos a tradicional merenda-convivencia de nadal para todos os nosos deportistas. As 18:30h irán todas as categorías base, e as 21:00 o equipo senior. Os benxamíns e alevíns entrenarán ese día. Ao remate do entreno os rapaces poden asearse e ir a merenda.

III SAN SILVESTRE DO CONCELLO DE SALCEDA
A carreira suspéndese na data prevista do Venres 27, e pasa a ser o Domingo 29 as 21:00h. Inscripción: www.salcedadecaselas.es ata o venres 27 as 14:00h. Prezo: un cartón de leite. Animamos a todos os xogadores/as do clube a participar !!!


Publicado por cbcaselas @ 22:24

O número 246 (terminación do gordo da lotería de nadal), foi o único número cuberto da Tómbola de Nadal de axuda ao C.B.Caselas. A agraciada correspóndelle o xamón doado pola Bodeguilla Z-9 de Salceda. O resto dos números correspondentes as tres últimas cifras dos premios importantes da lotería, non foron cubertos por ninguén.
Agradecemos a todos a colaboración prestada.


Publicado por cbcaselas @ 22:14
S?bado, 21 de diciembre de 2013


PARA TÍ: ENTRENADOR, XOGADOR, PATROCINADOR, COLABORADOR, SOCIO, PAI, NAI, AFECIONADO e PERSOAS QUE ESTADES CON NÓS DÍA A DÍA,
BÓ NADAL E PRÓSPERO ANO 2014 !!!! 
É O DESEXO DA DIRECTIVA.


Publicado por cbcaselas @ 21:08
Martes, 17 de diciembre de 2013
C.B.Caselas 60: Pedro 22, Igor 6, Rober 6, Lucas 2 e Oscar 4. QUINTETO. Pablo 4, Carlos 2, Yanko 14 e Rubén 0.
Parciais: 18-15 / 11-12 / 8-14 / 13-19.
Incidencias: Derradeira xornada do ano 2013 no Pavillón do Berbés en Vigo.
Logo dun comezo relativamente frouxo en defensa, o Caselas foise asentando sobre o parquet do Berbés e logrou superar un marcador desfavorable de 29-27 ao descanso. Na segunda metade -a pesar de non contar con Pablo, lesionado nun lance do xogo- os de Salceda mostraron a súa calidade para lograr un triunfo que nos aupa a quinta posición logo das tres últimas victorias consecutivas.
O Caselas voltará a liga o 11 de xaneiro recibindo en Salceda ao colista Novobasket Ademar de Vigo, no que se pechará a primeira volta da liga.

CATEGORÍAS BASE:
Mala xornada para pechar o ano, coa única victoria -aplastante- das rapazas infantiles, que venceron 70-5 a Las Acacias.
O Cadete Feminino e Alevín Mixto tiveron opcións nas súas saídas, pero perderon finalmente: 44-38 as cadetes con Airexa Nigrán, e 39-25 os alevíns co Colexio Mariano.
Fortes derrotas para o Cadete Masculino (co Novobasket Vigo "A") e Benxamín Mixto (co Defensores do Morrazo), ambos líderes da competición.


Publicado por cbcaselas @ 21:39  | CRONICAS
Mi?rcoles, 11 de diciembre de 2013

Derradeira xornada do ano 2013. Durante as festas navideñas párase a liga ata o 11-12 de xaneiro. Continuaremos entrenando durante as vacacións.
Sorte aos nosos nesta xornada de "fin de ano"!!

Senior Masc RÍAS BAIXAS "B"-
CASELAS
Pavillón do Berbés
(Vigo)
Sábado 14 18:00
Cadete Masc CASELAS -
NOVOBASKET VIGO "A"
Pavillón de Salceda Sábado 14 10:00
Cadete Fem

AIREXA NIGRÁN -
CASELAS

Colexio de Panxón
(Nigrán)

Domingo 15

17:00
saída15:30

Infantil Fem CASELAS -
ACACIAS
Pavillón de Salceda Sábado 14 16:00
Alevín Mixto COLEX. MARIANO -
CASELAS
Colexio Mariano
(Vigo)
Sábado 14 11:00
saída9:45
Benxamín Mixto DEFENSORES MORRAZO-
CASELAS
Pavillón da Xunqueira
(Moaña)
Domingo 15 12:00
saída10:30

 


Publicado por cbcaselas @ 20:30
Viernes, 06 de diciembre de 2013

TÓMBOLA DE NADAL DE AXUDA AO C.B.CASELAS
Co fin de sacar fondos, fíxemos esta tómbola de nadal. Por un euro, podedes cubrir cada un dos 1.000 números e gañar varios premios doados por casas comerciais. Hai 13 premios para as 3 últimas cifras do 1º, 2º, 3º, 4ºs e 5ºs premios da Lotería de Nadal. Os agraciados serán avisados telefonicamente. A tómbola está dispoñible durante os partidos que se xoguen en Salceda. Axuda ao clube!!!
XA ESTÁN OS CHÁNDALES
Xa está dispoñible o chándal para todos aqueles que o encargaron. Esta temporada, por iniciativa das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Salceda, decidiuse facer un único chándal para todos os deportes do concello. Podedes recollelo en Deportes González de Salceda por 30€.


Publicado por cbcaselas @ 14:24
Mi?rcoles, 04 de diciembre de 2013

Hoxe mércores 4 de nadal sae unha reportaxe dunha páxina do C.B.Caselas no suplemento "Campeones" en Faro de Vigo.
Entre outras cousas, tamén saen as fotos dos equipos do Clube e Escolas feitas o día da presentación.
Grazas ao Faro pola súa atención.


Publicado por cbcaselas @ 16:31
Martes, 03 de diciembre de 2013
C.B.Caselas 63: Pedro 14, Igor 13, Rober 7, Lucas 3 e Oscar 7. QUINTETO. Pablo 4, Carlos 3 e Rubén 12.
Parciais: 16-14 / 15-8 / 15-15 / 17-14
Incidencias: Pouco público no Pavillón de Deportes de Salceda, con catro decenas de afecionados.
Non foi un partido moi brillante, pero o Caselas tivo a intelixencia para saber levar o ritmo cando máis o precisou, especialmente nos momentos nos que os de Coia se acercaron no marcador na segunda metade. Os visitantes, un equipo filial con xente nova e correosa, atopáronse cun Caselas moi regular, que dominou o electrónico destacando unha vez máis a gran aportación dos oito xogadores dispoñibles: valga o dato de que os oito anotaron, incluída unha tripla do noso base Rubén dende nove metros nos segundos finais.
O vindeiro fin de semana de ponte da Constitución, páranse todas as ligas zonais. Voltaremos o 14 de nadal visitando ao Rías Baixas "B".
Respecto ao resto da xornada na 3ªdivisión, destacar a primeira derrota en varias temporadas do Setentas, que caiu na súa cancha con Arcade por 67-72. No derbi comarcal Porriño gañou a Mos 56-47.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Masc: PORRIÑO "B" 96 CASELAS 49
Cadete Fem: CASELAS 43 BAIONA 66
Infantil Fem: SALESIANOS 70 CASELAS 24
Alevín Mixto: CASELAS 32 SALESIANOS 37
Benxamín Mixto: CASELAS 18 TUI "B" 41
O vindeiro fin de semana será de descanso para todos. Voltamos á competición o 14 de nadal.


Publicado por cbcaselas @ 0:06  | CRONICAS