Mi?rcoles, 25 de diciembre de 2013

ATENCIÓN!!! ENTRENOS NAS FESTAS DE NADAL

A pesar de non haber liga durante as vacacións escolares, SÍ HABERÁ ENTRENOS.
Todos os equipos entrenarán os días habituais, excepto que cadren en festivos.
Ademáis haberá os seguintes entrenos extras:
-  Benxamíns: tamén entrenarán o Sábado 28 e Sábado 4 de 11:00 a 12:30h.
-  Infantiles e Cadetes Feminino: tamén entrenarán o Venres 27, Venres 3 e Martes 7 de 10:30 a 13:00h.
É importante que entrenedes para non perder o ritmo de cara a competición, que voltará o 11 e 12 de xaneiro.

TORNEO DE MINBASQUET DE NADAL DE NIGRÁN

Os nosos equipos Prebenxamín, Benxamín e Alevín foron invitados a este torneo invitados polo C.B.Airexa Nigrán. Será o Xoves 26 para Prebenx. e Benxamín, e o Venres 27 para Alevíns no Pavillón do Colexio Público de Panxón. Os xogadores serán desprazados entre todos os pais. Saíremos diante do noso pavillón as 14:45h (o torneo comeza as 16:00h) para regresar sobre as 19:30h. Xogaranse mini partidos de 20 minutos con carácter lúdico. Os nosos rapaces enfrontaranse a equipos como o Celta, Redondela, Carmelitas, Tui, Defensores do Morrazo, Pabellón Ourense e Allariz.

MERENDA DE NADAL PARA XOGADORES/AS

Por xentileza da directiva do C.B.Caselas, o luns 30 de decembro no Centro Social A Devesa celebraremos a tradicional merenda-convivencia de nadal para todos os nosos deportistas. As 18:30h irán todas as categorías base, e as 21:00 o equipo senior. Os benxamíns e alevíns entrenarán ese día. Ao remate do entreno os rapaces poden asearse e ir a merenda.

III SAN SILVESTRE DO CONCELLO DE SALCEDA
A carreira suspéndese na data prevista do Venres 27, e pasa a ser o Domingo 29 as 21:00h. Inscripción: www.salcedadecaselas.es ata o venres 27 as 14:00h. Prezo: un cartón de leite. Animamos a todos os xogadores/as do clube a participar !!!


Publicado por cbcaselas @ 22:24