Martes, 17 de diciembre de 2013
C.B.Caselas 60: Pedro 22, Igor 6, Rober 6, Lucas 2 e Oscar 4. QUINTETO. Pablo 4, Carlos 2, Yanko 14 e Rubén 0.
Parciais: 18-15 / 11-12 / 8-14 / 13-19.
Incidencias: Derradeira xornada do ano 2013 no Pavillón do Berbés en Vigo.
Logo dun comezo relativamente frouxo en defensa, o Caselas foise asentando sobre o parquet do Berbés e logrou superar un marcador desfavorable de 29-27 ao descanso. Na segunda metade -a pesar de non contar con Pablo, lesionado nun lance do xogo- os de Salceda mostraron a súa calidade para lograr un triunfo que nos aupa a quinta posición logo das tres últimas victorias consecutivas.
O Caselas voltará a liga o 11 de xaneiro recibindo en Salceda ao colista Novobasket Ademar de Vigo, no que se pechará a primeira volta da liga.

CATEGORÍAS BASE:
Mala xornada para pechar o ano, coa única victoria -aplastante- das rapazas infantiles, que venceron 70-5 a Las Acacias.
O Cadete Feminino e Alevín Mixto tiveron opcións nas súas saídas, pero perderon finalmente: 44-38 as cadetes con Airexa Nigrán, e 39-25 os alevíns co Colexio Mariano.
Fortes derrotas para o Cadete Masculino (co Novobasket Vigo "A") e Benxamín Mixto (co Defensores do Morrazo), ambos líderes da competición.


Publicado por cbcaselas @ 21:39  | CRONICAS