Viernes, 06 de diciembre de 2013

TÓMBOLA DE NADAL DE AXUDA AO C.B.CASELAS
Co fin de sacar fondos, fíxemos esta tómbola de nadal. Por un euro, podedes cubrir cada un dos 1.000 números e gañar varios premios doados por casas comerciais. Hai 13 premios para as 3 últimas cifras do 1º, 2º, 3º, 4ºs e 5ºs premios da Lotería de Nadal. Os agraciados serán avisados telefonicamente. A tómbola está dispoñible durante os partidos que se xoguen en Salceda. Axuda ao clube!!!
XA ESTÁN OS CHÁNDALES
Xa está dispoñible o chándal para todos aqueles que o encargaron. Esta temporada, por iniciativa das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Salceda, decidiuse facer un único chándal para todos os deportes do concello. Podedes recollelo en Deportes González de Salceda por 30€.


Publicado por cbcaselas @ 14:24